Sabes quen foi Garrincha, o "anxo das pernas tortas"?
A novela de Beatriz Maceda evoca a historia do futbolista brasileiro en O álbum de Garrincha, unha novela que fala de fútbol mais tamén de integración, de superación das dificultades e de solidariedade. “Son mestra e desde hai anos temos aulas multiculturais e dinme conta de que chegan coa morriña nos ollos, cunha tristura inmensa, sen ser referente de nada e vin que o fútbol é un deporte democrático co que a integración pode ser rápida”, explica a escritora da orixe da súa novela que quixo dar outra imaxe do fútbol, alonxada do mundo dos cartos que rodea aos deportistas de elite.
Considerado o mellor dianteiro da historia, grande regateador, o Mané fora desbotado para o xogo na súa infancia. Garrincha tiña a perna dereita 6 centímetros máis curta que a esquerda, os pes virados oitenta graos e a columna vertebral torta, problemas que foron a máis polos efectos da polio. Con ese historial, nada facía presaxiar o que logo pasou. Garrincha foi elixido en 1962 como mellor futbolista do mundo, ano no que foi por segunda vez campión mundial coa selección brasileira, coa que xa gañara o título en 1958.
Podes ler o documento completo
Moitísimas grazas. Espero que disfrutedes tanto da súa lectura, como o fixen eu escribiendo a historia.
ResponderEliminarUnha aperta grande.
Beatriz Maceda.
Grazas a ti! Xa che contaremos...
Eliminar