29/11/18

CELERACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 26 de novembro, o alumnado e profesorado do IES Pazo da Mercé das Neves acudiu a praza do concello para conmemorar con outros centros de ensino da vila o día internacional contra a violencia de xénero.
Nesta foto podemos ver ao alumnado e ao profesorado saíndo do IES para dirixirse andando ao centro da vila.
O alumnado e o profesorado esperando o comezo do acto.
O alumnado que vai participar no acto esperando o comezo do mesmo.
Uns alumnos e alumnas de 2º de ESO posan cun cartel reivindicativo do día tan especial que estamos celebrando.
No concello colocaron un cartel que todos puidemos ver.
Comeza o acto. Un grupo de alumnos e alumnas saen con caretas brancas representando ás mulleres asasinadas polas súas parellas no ano 2018.
O alcalde presenta o acto.
Un grupo de alumnos e alumnas de primaria, secundaria e ciclos dos centros educativos da vila,  compartiron cos asistentes mensaxes contra a violencia de xénero.
Dúas alumnas do IES Pazo da Mercé leron uns textos relativos ao maltrato feminino.
 Outros alumnos e alumnas recordaron cos seus nomes e apelidos ás 45 mulleres asasinadas polas súas parellas neste ano 2018.
Para terminar o acto, todos os asistentes mostraron os carteis reivindicativos que fixeron nas aulas e berraron proclamas contra a violencia de xénero.
 
 
 Antes de regresar aos centros educativos, asistimos a un pequeno concerto de música.
Nestas fotos podemos ver o alumnado regresando ao instituto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario