27/11/18

MES DA CIENCIA

Na biblioteca queremos celebrar o Mes da Ciencia cunha exposición de libros científicos.


Ademais, os alumnos e alumnas do Club de Lectura de Literatura feminista quiseron, neste mes da ciencia, axudar a visualizar algunhas mulleres científicas galegas: Olimpia Valera, a primeira muller médica galega; Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional; Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional.

Aquí podedes ver o alumnado colocando os carteis.
 A exposición rematada.
A información foi extraída do libro Pioneiras. Queremos agradecer á escritora Anair Rodríguez este marabilloso libro co que podemos coñecer a algunhas mulleres galegas que abriron camiño para outras en diversos ámbitos considerados masculinos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario