O mércores adicamos a hora de ler a traballar con textos de Rosalía de Castro.
O alumnado de 1º ESO A recitou o poema de Rosalía: Adiós ríos, adiós fontes.
O alumnado de 1º ESO B recitou o poema de Rosalía: Has de cantar.O alumnado de 1º FPB realizaron varias actividades:
A primeira actividade consistiu en escoitar a canción Rexurdimente (de De Vacas) e completar os ocos da letra.
A segunda era unha sopa de letras na que debían localizar sete obras de Rosalía e escribilas.
Na terceira había fragmentos de poemas con temáticas para relacionar.
Por último debían responder un cuestionario sobre Rosalía de Galicia Ciencia.



No hay comentarios:
Publicar un comentario