19/10/21

HORA DE LER

Onte comezamos a Hora de Lectura. Neste trimestre decidimos facer lectura libre na aula todos os cursos na mesma hora. O horario é o seguinte: 

HORARIO DA HORA DE LER PARA A 1ª AVALIACIÓN:

18 OUTUBRO


1ª HORA
25 OUTUBRO


2ª HORA
8 NOVEMBRO


3ª HORA
15 NOVEMBRO


4ª HORA
22 NOVEMBRO


5ª HORA

O alumnado e o profesorado traerá un libro do seu agrado para ler durante a sesión.

Na aula haberá unha folla de seguimento en torno ao desenvolvemento da sesión de lectura. A mellor clase lectora levará un agasallo ao final do trimestre.

De darse o caso de que algunha sesión marcada como hora de lectura resultase máis conveniente realizar algunha tarefa da materia en cuestión, como probas ou exames, se procuraría unha permuta de tempos, permitindo ao grupo ler noutra sesión.

Indispensable resultará o labor do profesorado titor explicando as bases establecidas para esa hora de lectura semanal, insistindo en que o silencio é necesario para que todos podamos aproveitar ese momento.

Aquí deixamos o cartel que confeccionamos para promocionar  A Hora de Ler entre o noso alumnado e profesorado.



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario