Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero no auditorio das Neves. O alumnado do noso Centro portaba unha pancarta cunha mensaxe reivindicativa desta data e posaron para a foto no exterior do edificio.
O alumnado do noso Centro, algúns alumnos e alumnas do colexio de primaria e o alumnado da EFA asistiron no auditorio a todas as actividades preparadas para este día.
Algunhas mulleres do Centro de Día das Neves estaban presentes xa que eran as protagonistas do Vídeo que visualizamos onde contaban as súas vivencias.
Despois unha alumna do colexio recibiu un premio por ser a gañadora do concurso de carteis contra a Violencia de Xénero.
Alumnado do IES Pazo da Mercé e da EFA leron un manifesto contra a Violencia de Xénero.






No hay comentarios:
Publicar un comentario