Esta semana recomendo o libro "Cryer´s Cross" de Lisa McMann.
Cando Tiffany Quinn desaparece, todo cambia. Dos 212 residentes de Cryer's Cross, Montana, 178 únense ao sheriff Greenwood na busca que dura varios días, desde a saída do sol ata que cae a noite. A escola pechou porque todos os estudantes participan. Escudriñando camiños, rexistrando granxas, atravesando pastos onde se alimentan vacas e cabalos, cruzando campos con trigo, cebada e patacas recén prantadas. Suben colinas e se internan nos bosques. Desplázanse en grupos de dous ou tres, algúns nerviosos, outros chorando, outros máis decididos. Berran cada pouco tempo para asegurarse que non se perde ninguén máis: os móbiles non serven para moito. Cryer's Cross non ten cobertura. Despois de cinco días non hai nin rastro de Tiffany Quinn.
No hay comentarios:
Publicar un comentario