A Biblioteca Rosalía de Castro do IES Pazo da Mercé convoca un Concurso de fotografía para elaborar un calendario literario científico para o ano 2027 coas seguintes bases:
O Knolling é unha técnica fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital dunha serie de obxectos escollidos con cuidado e ordeados nunha superficia plana, de tal maneira que formen composicións atractivas en torno a un determinado tema.
Aquí vos deixo varios exemplos de Knolling literarios de varios libros da literatura universal, elaborados polo alumnado do curso pasado con obxectos que atoparon na casa.




No hay comentarios:
Publicar un comentario