Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura.. Mostrar todas las entradas

12/4/26

CHARLA CO ESCRITOR J. R. BARAT

O venres 10 de abril o alumnado do Club de Lectura de 3º de ESO puido coñecer por video conferencia ao escritor J. R. Barat, autor do libro Expediente Bécquer.

24/12/25

CALENDARIO LITERARIO

O calendario literario que elaborou o alumnado con Knolling literarios foi entregado no concello e nalgunhas tendas da nosa vila.
O alcalde das Neves recibe o calendario.
En correos tamén recibiron un calendario.
Na libreria do Xes tamén o recibiron.

19/11/25

BOOKCROSSING

 BENVID@ Á BIBLIOTECA MUNDIAL!
 
Bookcrossing é o acto de liberar un libro para que calquera persoa o atope, e poder facer comentarios e seguimento ao redor de todo o mundo de onde vai, a través da web. Esta comunidade de persoas, amantes dos libros, apaixoadas e xenerosas, está cambiando o mundo e tocando vidas, cada vez que o libro viaxa. 
Esperamos que che guste a iniciativa! 
Na entrada do instituto, enfronte de conserxería, tendes un estante con libros de Bookcrossing. Podedes coller un exemplar, lelo e logo escribir comentarios aquí. Despois podes deixalo noutro lugar e consultar na web o percorrido do libro polo mundo.
 

31/5/24

VISITA AO CENTRO DE DÍA

O alumnado de 1º ESO visitou o Centro de Día das Neves. Esta visita forma parte dun proxecto que prepararon cos titores e os profesores de galego. O proxecto consistiu no seguinte:
O alumnado visitou o Centro no mes de abril para recoller das persoas maiores lendas e historias da zona das Neves e Arbo. Despois prepararon unhas bandas deseñadas con esas historias e llas contaron aos usuarios e usuarias do Centro.
Foi unha experiencia moi emotiva e enriquecedora para o alumnado. 





 

24/4/23

VISITA AO CENTRO DE DÍA

O alumnado de 3º ESO B visitou o centro de Día das Neves para ler poemas e contar contos. Os rapaces e rapazas compartiron momentos emotivos cos maiores e prometeron volver outro día. Moitas grazas a este marabilloso alumnado que temos no noso Instituto e as responsables do Centro de Día.

11/3/23

FERNANDO LALANA

O xoves 9 de marzo recibimos a visita do escritor zaragozano Fernando Lalana para comentar o libro "Como robé la manzana más grande del mundo" que leron o alumnado de 1º de ESO e os integrantes do Club de Lectura de 2º de ESO. O escritor quedou encantado co noso alumnado xa que fixeron moitas preguntas e, ao acabar a charla, firmou exemplares do seu libro.




18/12/21

SORTEO DA CESTA DE NADAL

Este ano, como é tradición no noso centro, sorteamos unha "Cesta de Nadal" con libretas, rotuladores, unha mochila, un bolso, libros e moitas cousas máis.
Para conseguir as rifas, o alumnado debía traer alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza, de aseo persoal e de Nadal para unha recollida solidaria. 

O xoves 17 procedemos ao sorteo na hora do recreo e resultou gañadora Ainhoa de 3º ESO A.
Parabéns!