Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Recomendacións lectoras.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Recomendacións lectoras.. Mostrar todas las entradas

13/5/26

VIKINGOS. RENA ORTEGA.

Presentamos na nosa Biblioteca o novo libro de Rena Ortega: Viquingos.

Descobre o mundo dos vikingos neste álbum ilustrado .
¿Quen eran os vikingos? ¿Cómo vivían? ¿Que barcos utilizaban para cruzar os mares? ¿En que crían?
A través de ilustracións cativadoras e unha linguaxe clara e accesible, este libro introduce aos lectores novos na historia, a cultura e as aventuras dun dos pobos máis fascinantes da Idade Media.

12/12/25

BIBLIOTECA DE AULA

Nos cursos da ESO estamos poñendo unhas bibliotecas de aula para que o alumnado poida ter ao seu alcance libros para ler nas horas de garda ou cando rematan as tarefas. Iremos engadindo libros pouco a pouco.



19/5/25

LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO

Esta semana recomendo o libro "La vuelta al mundo de un forro polar rojo" de Wolfgang Korn.

A volta ao mundo dunha chaqueta polar vermella mostra os antecedentes e as complexas relacións que hai detrás da globalización, ilustrando de xeito sorprendente a inxustiza que domina o comercio mundial... Sen dúbida, seremos un pouco máis críticos a próxima vez que vaiamos de compras.

12/5/25

1984

Esta semana recomendo o libro "1984" de George Orwell.
Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia.Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario lideradopolo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.

5/5/25

HÁBITOS ATÓMICOS

Esta semana recomendo o libro "Hábitos atómicos" de James Clear.
Moitas veces pensamos que para cambiar as nosas vidas temos que pensar en facer grandes cambios. Nada máis lonxe da realidade. Segundo o recoñecido experto en hábitos James Clear, o cambio real vén dos resultados de centos de pequenas decisións: facer dúas flexións ao día, levantarse cinco minutos antes ou facer unha pequena chamada telefónica.
Clear chama a estas decisións "hábitos atómicos": tan pequeno como unha partícula, pero tan poderoso como un tsunami. Neste libro innovador, revela exactamente como eses pequenos cambios poden converterse nunha bola de neve, en algo que cambia as nosas carreiras, as nosas relacións e todos os aspectos das nosas vidas.

28/4/25

NAVILLERA

Esta semana recomendo o cómic manga "Navillera" de Hun e Jimmy. 
Un carteiro xubilado, ao que sempre lle gustou o ballet, decide deixarse de prexuizos e do medo ao que dirán para apuntarse a unha academia de baile para aprender a bailar.


24/3/25

A VEXETARIANA

Esta semana recomendo o libro "A vexetariana" de Han Kang.

Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos.
O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela.
No primeiro relato, “A vexetariana”, un home mediocre descobre que a súa parella está cambiando. No segundo, “A mancha mongólica”, a perspectiva é a do cuñado de Yeonghye, un artista audiovisual que non consegue sacar unha imaxe da cabeza e está disposto a todo para facela realidade.
O último relato, “As lapas das árbores”, segue a Inhye, a irmá de Yeonghye, mentres se enfronta ás consecuencias da decisión da súa irmá.

10/3/25

EN TERRA ALLEA

Esta semana recomendo o libro "En terra allea" de Pepe Carballude.


En terra allea aborda o tema da migración e os dramas colaterais: explotación laboral, dificultades coa vivenda, problemas de convivencia, enganos, abusos…, mais tamén aparece xente boa que tenta poñerse na delicada situación do outro. As relacións humanas, as friccións e os consensos, a imposición e a tolerancia, as penas e os momentos felices, pesan moito no decorrer da trama, onde, ao final, triunfa o amor.
Un retrato real, traumático, dun feito que se pode ver acotío e unha chamada á solidariedade e á colaboración de todos.

24/2/25

STASILAND

Esta semana recomendo o libro "Stasiland" de Anna Funder.  
Durante anos vendéusenos que na RDA non existía oposición ao comunismo, unha afirmación amparada pola historia e a natureza dos alemáns do Este, un pobo disciplinado e educado para obedecer ordes. Pero máis alá das condicións naturais existía o poder da Stasi, a policía secreta da RDA, que contaba co maior número de membros e confidentes por cidadán que calquera outro estado totalitario da historia.
A través de diferentes entrevistas con antigos membros da Stasi e algunhas das súas víctimas, Anna Funder consegue reunir testimonios ata lograr unha visión espeluznante dunha sociedade ferreamente controlada. E nos descobre a acción da policía secreta en Occidente, a súa infiltración nos medios políticos, como vendían aos disidentes por divisas da Alemania Occidental e qué sucedeu nos últimos días da RDA, desde o punto de vista de quen debía tela defendido.

17/2/25

MI AMOR DE WATTPAD

Esta semana recomendo o libro "Mi amor de Wattpad" de Ariana Godoy. 

Jules é unha adolescente introvertida á que lle gusta ler e navegar por internet. Un día en que acaba os seus libros pendentes, suscríbese a Wattpad.com, unha comunidade virtual de escritores e lectores. É así como decide comezar a escribir e subir os seus contos para que outros os lean. Para a súa felicidade, a mayoría de comentarios son positivos, pero hai alguén que parece non gozar nada das súas historias pero que será quen lle cambie a vida.

Aínda que a protagonista é encantadora, intelixente e apaixonada, Evan, a súa dura crítica, é antisocial e apático debido a unha terrible historia familiar que o marcou de por vida. Os seus silencios comezan a seducirla e a levan a enamorarse del, aínda que eso lle parecese ridículo. Cando por fin se coñecen, Jules non pode resistirse ao seu encanto: Evan é guapo e misterioso, cunha voz sexy e unha prosa que lle fascina. Sen embargo, o seu constante cambio de actitude a confunde, pois pasa de bicala con paixón desenfrenada a pedirlle que se alonxe, diciendo que non é alguén bo para ela.

10/2/25

VOLVER A EMPEZAR

Esta semana recomendo o libro "Volver a empezar" de Colleen Hoover. 
Lily e o seu ex-marido, Ryle, acaban de acordar a custodia conxunta da súa filla cando Lily coñece de novo o seu primeiro amor, Atlas. Despois de case dous anos de diferenza, está emocionada porque, por unha vez, o tempo está da súa parte, e enseguida di que si cando Atlas lle pide unha cita. Pero a súa alegría desaparece cando pensa que, aínda que xa non están casados, Ryle aínda ten un papel na familia, e non permitirá que Atlas Corrigan estea presente na súa vida e na da súa filla. Starling Over alterna as perspectivas de Lily e Atlas e retoma onde nos deixou Breaking the Circle. Descubriremos máis sobre o pasado de Atlas e seguiremos a Lily en busca dunha segunda oportunidade para atopar o amor verdadeiro mentres temos que lidiar cun ex-marido celoso.

13/1/25

O DIARIO DE GREG

Esta semana recomendo o libro "O diario de Greg" de Jeff Kinney.


En Diario de Greg o escritor e debuxante Jeff Kinney presentanos o seu antiheroe. Como di Greg no seu diario: Por sorte para todos, o que Greg Heffley di que vai facer e o que fai de verdade son cousas ben diferentes.

Ser case adolescente pode resultar ben complicado. Que llo pregunten a Greg Heffley, inmerso no duro ambiente do instituto, onde os rapaces miúdos que aínda non deron o estirón teñen que compartir os corredores con mangallóns que xa fan a barba dúas veces ao día.

9/12/24

NADALARIO

Esta semana recomendo o libro "Nadalario" de Rena Ortega.

O planeta Terra está cheo de culturas e tradicións e unha das máis famosas é o Nadal, pero como se celebra a mil quilómetros do teu sofá? Que se cea en Noiteboa nunha casa americana?
Ademais de Papá Noel, que personaxes son os encargados de entregar os agasallos na noite máis máxica do ano? Rena Ortega tráenos unha chea de curiosidades como música, filmes, comidas e tradicións curiosas de todo o planeta acerca do Nadal. Unha gran viaxe sen moverte do teu sitio e sen pasar frío!

27/5/24

MATHLAND, EL ENIGMA DEL TALISMÁN

Esta semana recomendo o cómic "Mathland, el enigma del talismán aritmético" de Pedro A. Martínez e Sonia Müller.

Alan odia las matemáticas. Una mañana, tras ser expulsado de clase, se esconde en un olvidado almacén del instituto. Entre la oscuridad surge una extraña figura que lo transporta a un sorprendente y mágico mundo llamado Mathland. Allí conocerá a Zero y a las pequeñas unidades enteras, unos seres que son perseguidos por la reina Enteralia. Afortunadamente, existe un poderoso talismán que puede devolver a Alan al mundo real y frenar las oscuras intenciones de la reina pero, conseguirlo no será nada fácil.
¿Serán capaces Alan y sus nuevos amigos de derrotar a los malvados?