Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións.. Mostrar todas las entradas

5/2/21

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O xoves 4 de febreiro celebramos no noso centro o Día da Paz. 
Este ano homenaxeamos a figura de Rosa Parks, a muller negra que, coa súa negativa a levantarse do asento reservado para unha persoa branca, conseguíu que a lei segregacionista que regulaba o transporte público fose declarada ilegal.
O alumnado representou este episodio para condenar calquera tipo de discriminación a persoas doutra raza. 
No seguinte vídeo podedes ver a representación.
A continuación podedes ver as fotos da preparación da representación.