A Biblioteca Rosalía de Castro do IES Pazo da Mercé convoca un Concurso de fotografía para elaborar un calendario literario para o ano 2026 coas seguintes bases:
O Knolling é unha técnica fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital dunha serie de obxectos escollidos con cuidado e ordeados nunha superficia plana, de tal maneira que formen composicións atractivas en torno a un determinado tema.
Aquí vos deixo varios exemplos de Knolling literarios de varios libros da literatura universal, elaborados con obxectos que atopamos na casa.