Mostrando entradas con la etiqueta Día 8 de marzo. Día da Muller Traballadora.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día 8 de marzo. Día da Muller Traballadora.. Mostrar todas las entradas

8/3/26

DIA DA MULLER TRABALLADORA 8M

O alumnado do Club de Lectura do grupo 3 leron o libro Trampa de lume da autora Núria Martí Constans e elaboraron un podcast para o Espazo aberto da radio do noso Centro.
https://www.instagram.com/reels/audio/34466923816254860/


Trampa de lume está baseada na historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle en Nova York en 1911. No lume morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito levou á loita das mulleres polo traballo decente é a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres traballadoras.

13/3/22

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 O  martes 8 de marzo celebramos no noso Centro o Día da Muller Traballadora.
O concello encargou a Patricia Maquieira que pintase un mural artístico para conmemorar esta data tan especial.
O noso alumnado axudou a artista na elaboración do mural.
O mural quedou fantástico.

Despois de inaugurar o mural, comezamos o acto coa lectura do manifesto da ONU para o Día Internacional da Muller co lema: "Igualdad de género hoy para un mañana sostenible" que reclama unha acción polo clima e para as mulleres. Tres rapazas de 2º de ESO leron o texto.
A directora dirixe unhas palabras ao auditorio.
Despois é o turno de Pilar González Casas, concelleira de ensino e benestar social do concello das Neves.
A continuación a autora explica a simboloxía do mural a toda a concurrencia, acompañada polo alumnado que colaborou na súa elaboración.
Como actividade complementaria, o alumnado de 3º PMAR elaborarou uns carteis coas heroínas de debuxos animados.