Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz.. Mostrar todas las entradas

1/2/25

DÍA DA PAZ 2025

O xoves 30 de xaneiro celebramos no IES Pazo da Mercé das Neves o Día da Paz cunha homenaxe a ANA FRANK e a escritora palestina RAFEEF ZIADAH.
Tres alumnas de 3º de ESO contaron en primeira persoa a vida destas dúas persoas, e leron un poema da escritora RAFEEF ZIADAH que nos emocionou a todos.

30/1/24

DÍA DA PAZ 2024

Hoxe celebramos no IES Pazo da Mercé das Neves o Día da Paz cunha homenaxe a NADIA NADIM (futbolista afgana) e NASRIN SOTOUDEH (avogada iraní) defensoras dos dereitos das Mulleres. O alumnado de 4º de ESO elaborou dous carteis para visibilizalas.

Despois dúas alumnas de 4º ESO A percorreron as aulas do noso Centro contando aos seus compañeiros, en primeira persoa, a vida destas dúas persoas. A profesora Belén Jorge, coordinadora das Escolas Unesco no noso Instituto facía a presentación, xa que estas dúas mulleres eran as homenaxeadas polo Día da Paz das Escolas Unesco este ano.

30/1/23

DÍA DA PAZ 2023

Hoxe celebramos no IES Pazo da Mercé das Neves o Día da Paz cunha homenaxe a Martin Luther King.
Raúl, un alumno de 3º ESO A fixo unha lembranza do discurso I have a dream (eu teño un soño) 
O alumnado asistiu ao acto e os rapaces e rapazas mostraron os carteis que elaboraron con mensaxes reivindicativas contra o racismo.
Na entrada do Centro colocamos carteis para conmemorar esta data tan especial.

O alumnado de FPB 1 fixeron uns Timeline e penduraron os seus traballos feitos para celebrar este día.
Sara unha alumna de 1º de ESO posa diante do cartel preparado polo alumnado de FPB1.

HORA DE LER. DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz e adicamos a clase de lingua castelá a Martin Luther King. O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO leu varios textos relativos a este personaxe homenaxeado nesta data tan especial.





14/2/22

31 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O día 31 de xaneiro celebramos no noso Centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz adicado esta ano aos Valores do Deporte, centrándonos nas figuras das deportistas olímpicas e paralímpicas: Teresa Portela, Susana Rodríguez e Teresa Perales.
O espíritu olímpico promove o deporte, a cultura, a educación e os valores positivos no mundo enteiro.

Durante toda a semana realizáronse nos recreos xogos paralímpicos como atletismo, fútbol, baloncesto e bádminton para que o alumnado valorase o esforzo destes deportistas paralímpicos.
O alumnado que participou nos xogos recibiu un diploma olímpico e unhas chuches.