Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Animación á lectura.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Animación á lectura.. Mostrar todas las entradas

24/4/26

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O martes 21 de abril celebramos o Día do Libro homenaxeando a Miguel de Cervantes coa lectura do fragmento del Quijote "La aventura de los molinos de viento" en varios idiomas.
Comezamos co orixinal castelán. Despois lemos o mesmo fragmento en catalán, euskera, galego, latín, grego, inglés, francés, árabe e portugués.
Yahya le en árabe.
Adam le en inglés. Joana e Sara en francés.
Laura le en grego e Sara en latín.
Abel e Enma len en galego.
O profesor Pablo le en eusquera.
Unai le en catalán.
Anxo, Álvaro e Aldara len en castelán o fragmento orixinal.

17/4/26

DÍA DO LIBRO 2026

O martes 21 de abril celebraremos o Día do Libro cunha homenaxe a Cervantes.
Leremos en varios idiomas un fragmento do libro "El Quijote".

Esperámosvos a todos.

23/4/25

DÍA DO LIBRO 2025

O 23 de abril conmemoramos o Día Mundial do Libro. O obxectivo é promocionar a lectura entre toda a comunidade educativa.

24/4/24

23/4/23

DÍA DO LIBRO

O mércores 19 de abril celebramos no noso Centro o Día do Libro cun mercado de libros de segunda man e a entrega de premios do concurso de debuxo artístico para elaborar un calendario literario.
Todo o alumnado seleccionado posou cos seus debuxos.

O alumnado de 1º de ESO elaborou varios murais con poemas adornados con debuxos pintados por eles. A actividade era para presentar o Día da Poesía, pero non puidemos acabalos a tempo e aproveitamos o Día do Libro para visibilizalos. 






30/4/22

DÍA DO LIBRO 2022

O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro. O noso Centro organizou unha serie de actividades para conmemorar esta data tan especial.
Venres 22 de abril: Actuación de Trobar-dos: "Con-versos en-canta-dos"
No auditorio do Concello de As Neves, desfrutamos do dúo Trobar-dos, composto polos nosos compañeiros Anxo e Alfredo, que en dúas sesións, amosaron a evolución da lingua e da literatura. Agradecer tamén  a Inácio a súa labor de Mestre de Ceremonias.

Luns 25 de abril: Sara Vila ALonso.
A escritora e gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa e antiga alumna do IES Pazo da Mercé, Sara Vila Alonso, falou da súa obra "Oito días sen Eva Cortés". O alumnado estivo encantado con ela. Xa recibimos a súa visita co gallo da inauguración da nova Biblioteca o pasado 23 de febreiro.


24/4/21

DÍA DO LIBRO 2021

O venres 23 de abril celebramos no noso Instituto o Día do Libro cunha saída do alumnado do Club de Lectura a feira do Libro organizada polo concello das Neves.
Na feira tres escritoras das Neves, Ponteares e Salvaterra firmaron exemplares dos seus libros.
Mar Míguez firmou exemplares do seu libro: Dama de Luna.
Hortensia Bautista firmou exemplares do seu libro: Bambán de vento.
Raquel Castro firmou exemplares do seu libro: Dormente.
Na feira había postos de libros de segunda man gratuítos. O alumnado buscou títulos do seu agrado e levaron moitos exemplares para gozar da lectura nas súas casas.
O alumnado estivo encantado de asistir á feira, que foi un agasallo do profesorado encargado do Club de Lectura para premiar o seu amor pola lectura.