28/2/26

DÍA DE ROSALÍA. KAHOOT.

Celebramos o Día de Rosalía cun Kahoot aberto a todo o alumnado do Centro que quiso participar. Os gañadores foron obequiados cunha bolsa coa imaxe da nosa escritora máis universal.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. KAHOOT

O alumnado de 2º da ESO participou nun Kahoot de Mulleres Científicas preparado polo profesor de informática Antonio.
O alumnado contestou 15 preguntas sobre mulleres científicas e atendeu as explicacións do profesor sobre a biografía, avances científicos e curiosidades destas investigadoras.
Houbo tres premios para os mellores Kahoots.




1/2/26

DÍA DA PAZ 2026

O venres 30 de xaneiro celebramos no IES Pazo da Mercé das Neves o Día da Paz cunha homenaxe as mulleres  gañadoras do premio Nobel da Paz. 
Tamén quisemos sensibilizar ao noso alumnado contra explotación infantil presentando a figura de Iqbal Masih, un neno pakistaní que foi escravizado nunha fábrica de alfombras. Conseguiu ser liberado e loitou contra a escravitude. Foi asasinado en 1995 cando tiña 12 anos. 


Tres alumnas de 4º de ESO e Belén Jorge, a profesora coordinadora das Escolas Unesco, prepararon unha presentación para o alumnado da ESO. 








21/1/26

A HISTORIA DE GALICIA EN 30 OBXECTOS

Hoxe o alumado de 1º, 2º e 3º de ESO asistiu a unha charla con David Gesteira, que nos presentou o seu libro: A historia de Galicia en 30 obxectos.

Ademais é o responsable do proxecto @Descifrandoahistoria.
Grazas por vir.

8/1/26

SABER Y GANAR IES PAZO DA MERCÉ

Noraboa para Valeria, Abel e Alba. O segundo programa foi espectácular, moi emocionante sobre todo no reto e no dobre gran minuto. No seguinte enlace podedes disfrutar do programa.



28/12/25

SABER Y GANAR IES PAZO DA MERCÉ

O noso centro está de noraboa. Abel, Valeria e Alba, tres alumnos de 4º de ESO participaron en Saber y Ganar. No seguinte enlace podedes ver o programa. O 7 de xaneiro volven concursan.


27/12/25

26/12/25

SABER Y GANAR

O noso instituto participará mañá no programa Saber y Ganar. Un alumno e dúas alumnas de 4º de ESO concursan nestes programas especiais de Nadal con estudantes. O segundo programa será o 6 de xaneiro.
 

24/12/25

CALENDARIO LITERARIO

O calendario literario que elaborou o alumnado con Knolling literarios foi entregado no concello e nalgunhas tendas da nosa vila.
O alcalde das Neves recibe o calendario.
En correos tamén recibiron un calendario.
Na libreria do Xes tamén o recibiron.

FELIZ NADAL

 


VISITA AO CENTRO DE DÍA

O alumnado do Club de Lectura de 1º de ESO visitaron o Centro de Día das Neves para compartir cos maiores uns momentos especiais. Os rapaces e rapazas leron poemas, cantaron panxolñas e recibiron moito cariño dos maiores. Tamén foron agasallados cunhas lambetadas.

MANUALIDADES DE NADAL.

O alumado de 1º de ESO realizou unha actividade que consistía en decorar conchas de vieira con motivos navideños. 
Presentamos o resultado.




SORTEO DA CESTA DE NADAL

Este ano, como é tradición no noso centro, sorteamos unha "Cesta de Nadal" con libretas, rotuladores, un bolso, libros e moitas cousas máis. A gañadora foi Sofía de 4º ESO A, que posa coa cesta.

                                PARABÉNS!

15/12/25

CONCURSO DE POSTAIS

Hoxe entregamos os premios do concurso de postais convocado pola Biblioteca. Os gañadores posan coas súas creacións.
ALEXIA 1º ESO A
IRIS 1º ESO A
RAÚL 1º ESO B
XIANA 3º ESO A
RAÚL 3º ESO B
SANDRA 4º ESO B
ALMA 4º ESO B
IOLANDA 3º ESO A

PARABÉNS PARA TODOS!

Aquí presentamos fotos das postais gañadoras no concurso.
1º PREMIO
2º PREMIO
Aquí presentamos fotos das postais que participaron no concurso.
Todas as postais se colocaron nunha árbore de Nadal.