31/5/19

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Dentro do proxecto "O Monte nace na Escola" que desenvolve o noso Instituto en colaboración con outros centros do concello, queremos celebrar desde a Biblioteca o Día do Medio Ambiente co noso alumnado.
Os rapaces e rapazas de 3º PMAR elaboraron uns carteis con follas de árbores e arbustos.
 
 

O alumnado de 1º de ESO B quixo posar no graffiti elaborado polo alumnado de 3º de ESO na entrada do Pavillón. No seguinte enlace podedes consultar unha noticia do momento da inauguración desta composición de arte urbana relacionado co proxecto "O Monte nace na Escola". 
Temos a sorte de que o noso Instituto está rodeado de Monte e o alumnado goza moito na natureza. Aquí posan os alumnos de 1º ESO B diante dunha fermosa pranta.
Nas seguintes fotos podedes comprobar como se divirten na natureza que rodea o centro nun espléndido día de sol. Non todo vai ser estudar.
O alumnado de 3º PMAR tamén quixo posar coa súa titora no graffiti.
E ao día seguinte, lectura ao aire libre.
 
Tamén fixemos unha exposición con material relacionado co Medio Ambiente.





No hay comentarios:

Publicar un comentario