Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

10/5/24

BIBLIOTECARIO POR UN DÍA

O alumnado do Club de Lectura de 3º de ESO visitou a Biblioteca do concello para coñecer o traballo dun bibliotecario.
Primeiro David, o bibliotecario, explicoulles ao alumnado todo o que pode ofrecer unha biblioteca municipal a todos os seus usuarios.
Despois ensinoulles as distintas seccións dos libros, como se catalogan e como se colocan nas estanterías.
A continuación explicoulles o funcionamento do programa Koha e invitou a dous alumnos a facer un carné da Biblioteca a unha compañeira e a un compañeiro.

Ao final comentoulle aos rapaces e rapazas que o traballo de bibliotecario pode ser unha saída profesional moi interesante.
Agradecemos a David que nos propusera esa actividade tan bonita.

10/11/23

RECITAL POETICO MUSICAL: ROMANCERO GITANO

Hoxe, o grupo trobar-dos agasallounos cunha versión musical do Romancero Gitano de Federico García Lorca. Anxo Abalde, o profesor de música do noso centro e Alfredo Pérez, un antigo compañeiro, deleitaron ao público asistente, alumnado de 2º de BACH e 4ª de ESO. A actuación tivo lugar na nosa Biblioteca.

31/10/22

ESCARLATINA E A COCIÑEIRA DEFUNTA

Esta semana, co gallo do Samaín, recomendo o libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

7/2/22

AL OTRO LADO DEL ESTRECHO

Esta semana recomendo un libro titulado Al otro lado del estrecho de Nicole Boumaâza.

O pai de Nadia leva moitos anos en paro. Non quere volver a Marrocos, e tampouco logra adaptarse ós costumes europeos, a pesar de que aí formou unha familia. Por ese motivo, cando a súa muller decide divorciarse, aproveita as vacacións para levar aos nenos a súa terra y afastalos así da súa nai. A eles non lles gusta a súa nova vida no campo: senten que son estranxeiros e botan de menos a súa antiga vida. Un retrato realista dos problemas que plantexa a emigración e a busca da identidade cultural.