Como xa comentamos no Día das Escritoras, cada mes, imos destacar a figura dunha autora española para dar visibilidade a moitas mulleres importantes na súa época pero pouco coñecidas pola historia do noso país.
Utilizaremos a información facilitada por María Teresa Álvarez no seu libro: "Ellas mismas, mujeres que han hecho historia contra viento y marea" e Ángeles Caso no volume: "Las Olvidadas, una historia de mujeres creadoras".
Comenzaremos por unha muller que viviu no século XIV e XV e que escribiu a primeira autobiografía que se coñece en lingua castelá. Esta muller é Leonor López de Cordoba. Ademais tamén podedes visualizar o vídeo do programa de TVE: "Mujeres en la historia" adicado a este personaxe. Aquí deixo o enlace.
Leonor López de Córdoba naceu en Calatayud no ano 1362 ou 1363, filla de Martín López de Córdoba, maestre de Calatrava e Alcántara do rei Pedro I o Cruel.
Ao sete anos o seu pai casou a Leonor con Rui Gutiérrez Hinestrosa, un cabaleiro dunha importante familia.
Despois do asasinato do rei Pedro a mans do seu medio irmán Enrique de Trastámara, o pai de Leonor, que se mantivo fiel ao monarca castelán, foi axusticiado e toda a súa familia pechada nas atarazanas de Sevilla durante nove anos, ata que morreu o rei Enrique. Só sobreviviron ela e o seu marido. Leonor tiña 18 anos.
Leonor foi acollida por unha tía que vivía en Córdoba. Pouco a pouco conseguiu refacer a súa facenda.
No ano 1404, reinando Enrique III, regresou á corte como valida da raíña Catalina de Lancaster, esposa de Enrique. Cando morreu o rei, Catalina converteuse en rexente e Leonor gozou de gran protagonismo na corte ata o ano 1412 en que regresou a Córdoba onde morreu en 1430.
A súa presencia preto da corte non foi ben vista polos seus contemporáneos varóns. Fernán Pérez de Guzmán escribiría:
"Confusión y vergüenza para Castilla que los grandes, prelados y caballeros, cuyos antecesores pusieron freno con buena y justa osadía a sus desordenadas voluntades por provecho del Reino se sometan ahora a la voluntad de una liviana y pobre mujer." (Capítulo dedicado a Leonor López de Córdoba en la serie de TVE Mujeres en la historia, Madrid, 1998)
As memorias de dona Leonor López de Córdoba constituen a primeira autobiografía en lingua castelá. Leonor narra a súa vida desde o seu nacemento ata a morte do seu fillo máis vello. Trátase dun testimonio de tan só nove folios de grande interese histórico para coñecer os acontecementos que marcaron os primeiros 40 anos da súa vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario