Escribiu dous libros, un deles "O incendio" unha novela sobre unha adolescente nun medio rural galego illado co lume como marco.
14/10/24
DÍA DAS ESCRITORAS 2024. 14 DE OUTUBRO
Escribiu dous libros, un deles "O incendio" unha novela sobre unha adolescente nun medio rural galego illado co lume como marco.
21/2/21
ROSALÍA DE CASTRO
Como xa comentamos no Día das Escritoras, cada mes, destacamos a figura dunha escritora española para dar visibilidade a moitas mulleres importantes na súa época pero pouco coñecidas pola historia do noso país. Non é o caso da homenaxeada este mes. Rosalía de Castro é unha autora coñecida e admirada en todo o mundo.
Utilizaremos a información facilitada por María Teresa Álvarez no seu libro: "Ellas mismas, mujeres que han hecho historia contra viento y marea"
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 e foi rexistrada como filla de pais descoñecidos. A súa nai, María Teresa de Castro, era unha muller solteira e e o seu pai, José Martínez Viojo, era un sacerdote.
A súa madriña ocupouse do coidado da rapaza os primeiros meses e despois dúas tías, irmás do seu pai, a levaron a vivir con elas.
Cando Rosalía contaba con dez anos a súa nai fíxose cargo dela e levouna a vivir a Santiago de Compostela, alí estudou francés, debuxo e música.
A relación con súa nai foi boa, a ela está adicado o libro de poemas "A mi madre" de 1863.
En 1856 viaxou a Madrid e publicou o seu primeiro libro de poemas "La flor". En 1858 casou con Manuel Murguía, un intelectual galego. Con el tivo sete fillos.
Rosalía desexaba escribir pero era consciente do difícil que resultaba esa tarefa para unha muller, así o expresa na súa novela "Flavio" que ten como protagonista a unha muller, Mara, que quere ser escritora pero que renunciará ao seu soño por exixencias do home do que está namorada. Rosalía tivo máis sorte, o seu marido animouna a que escribise pero sempre que non descuidase as súas tarefas no fogar.
O 17 de maio de 1963 publicou "Cantares gallegos" o primeiro libro da autora en galego. Esta obra supuso o comezo do Rexurdimento galego e escolleuse como data para conmemorar o Día das Letras Galegas.
En 1880 publica "Follas Novas" tamén en galego e en 1884 "En las orillas del Sar".
Os temas principais da obra poética de Rosalía son:
1. A idealización de Galicia: exaltación da paisaxe e da cultura galegas.
2. Crítica social: denuncia da inxustiza social: dolorosa emigración do pobo galego por razóns económicas.
3. Pesimismo existencial: a angustia de vivir (soidade e falta de esperanza)
Tamén escribiu obras en prosa como a xa mencionada "Flavio", "La hija del mar" e " El caballero de las botas azules"
Rosalía faleceu en Padrón o 15 de xullo de 1885. Foi enterrada no cemiterio de Adina en Iria Flavia. Posteriormente os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres no Convento de Santo Domingo de Bonaval.
Podedes visualizar o vídeo do programa de TVE: "Mujeres en la historia" adicado a este personaxe. Aquí deixo o enlace.
21/1/21
BEATRIZ GALINDO, A LATINA
Como xa comentamos no Día das Escritoras, cada mes, destacamos a figura dunha escritora española para dar visibilidade a moitas mulleres importantes na súa época pero pouco coñecidas pola historia do noso país.
Utilizaremos a información facilitada por María Teresa Álvarez no seu libro: "Ellas mismas, mujeres que han hecho historia contra viento y marea" e Ángeles Caso no volume: "Las Olvidadas, una historia de mujeres creadoras". Tamén utilizamos, neste caso, o libro de Almudena de Arteaga: "Beatriz Galindo, La Latina".
Despois de Leonor López de Córdoba, destacamos agora a figura de Beatriz Galindo apodada "La Latina". Escritora e humanista, foi a muller máis culta de Castela do seu tempo (finais do século XV, principios do XVI) conselleira da raíña Isabel la Católica que quería rodearse de mulleres cultas. Podedes visualizar o vídeo do programa de TVE: "Mujeres en la historia" adicado a este personaxe. Aquí deixo o enlace.
Beatriz Galindo naceu en Salamanca entre 1465 e 1475. Salamanca era nese momento un centro humanístico moi importante.
A súa formación foi moi esixente e aos dezaseis anos asombraba na sociedade salmantina pola súa erudición que lle otorgou o sobrenome de "La Latina" polo seus coñecementos do latín.
A raíña Isabel deciciu chamar a Beatriz para que formase parte da súa corte. Hai historiadores que afirman que Beatriz foi a mestra da raíña Isabel e preceptora das súas fillas. Outros, en cambio afirmar que foi amiga e conselleira da raíña á que acompañou ata o momento da súa morte en 1504.
En 1491 casou con Francisco Ramírez "EL Artillero" do que enviuvou en 1501. Con el tivo dous fillos: Fernán e Nuflo. Ademais coidou os cinco fillos do seu home, que era viúvo cando casou con ela.
Despois da morte da raíña, Beatriz trasladouse a Madrid e fundou o primeiro hospital para pobres da vila, o da Concepción. Tamén fundou dous conventos femininos, o da Concepción, de monxas franciscanas e o da Concepción da Madre de Deus, de monxas xerónimas.
Morreu en Madrid en 1534.
Beatriz Galindo foi considerada unha das mulleres máis sabias do seu tempo. Unha muller culta, apaixonada lectora dos clásicos, que creu no humanismo.
O barrio da Latina de Madrid debe o seu nome a esta muller.
Nesa época tamén destacaban outras mulleres como Francisca de Nebrija (filla de Antonio de Nebrija), Juana de Contreras ou Lucia de Medrano entre outras.
1/11/20
LEONOR LÓPEZ DE CÓRDOBA
Como xa comentamos no Día das Escritoras, cada mes, imos destacar a figura dunha autora española para dar visibilidade a moitas mulleres importantes na súa época pero pouco coñecidas pola historia do noso país.
Utilizaremos a información facilitada por María Teresa Álvarez no seu libro: "Ellas mismas, mujeres que han hecho historia contra viento y marea" e Ángeles Caso no volume: "Las Olvidadas, una historia de mujeres creadoras".
Comenzaremos por unha muller que viviu no século XIV e XV e que escribiu a primeira autobiografía que se coñece en lingua castelá. Esta muller é Leonor López de Cordoba. Ademais tamén podedes visualizar o vídeo do programa de TVE: "Mujeres en la historia" adicado a este personaxe. Aquí deixo o enlace.
Leonor López de Córdoba naceu en Calatayud no ano 1362 ou 1363, filla de Martín López de Córdoba, maestre de Calatrava e Alcántara do rei Pedro I o Cruel.
Ao sete anos o seu pai casou a Leonor con Rui Gutiérrez Hinestrosa, un cabaleiro dunha importante familia.
Despois do asasinato do rei Pedro a mans do seu medio irmán Enrique de Trastámara, o pai de Leonor, que se mantivo fiel ao monarca castelán, foi axusticiado e toda a súa familia pechada nas atarazanas de Sevilla durante nove anos, ata que morreu o rei Enrique. Só sobreviviron ela e o seu marido. Leonor tiña 18 anos.
Leonor foi acollida por unha tía que vivía en Córdoba. Pouco a pouco conseguiu refacer a súa facenda.
No ano 1404, reinando Enrique III, regresou á corte como valida da raíña Catalina de Lancaster, esposa de Enrique. Cando morreu o rei, Catalina converteuse en rexente e Leonor gozou de gran protagonismo na corte ata o ano 1412 en que regresou a Córdoba onde morreu en 1430.
A súa presencia preto da corte non foi ben vista polos seus contemporáneos varóns. Fernán Pérez de Guzmán escribiría:
"Confusión y vergüenza para Castilla que los grandes, prelados y caballeros, cuyos antecesores pusieron freno con buena y justa osadía a sus desordenadas voluntades por provecho del Reino se sometan ahora a la voluntad de una liviana y pobre mujer." (Capítulo dedicado a Leonor López de Córdoba en la serie de TVE Mujeres en la historia, Madrid, 1998)
As memorias de dona Leonor López de Córdoba constituen a primeira autobiografía en lingua castelá. Leonor narra a súa vida desde o seu nacemento ata a morte do seu fillo máis vello. Trátase dun testimonio de tan só nove folios de grande interese histórico para coñecer os acontecementos que marcaron os primeiros 40 anos da súa vida.







