28/11/20

MES DA CIENCIA E MES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. RECOMENDACIÓN LECTORA

Este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Desde a Biblioteca queremos aproveitar esta dobre efeméride para recomendar o libro: 

"Hacia las estrellas" da autora estadounidense Mary Robinette Kowal.

Nese libro o futuro da humanidade está en mans dun grupo de mulleres.

Nun frío día primaveral do ano 1952 un meteoro bate contra a Terra e arrasa a costa leste dos Estados Unidos. En breve, as consecuencias de tal cataclismo farán do planeta un lugar inhóspito, como sucedeu antes da extinción dos dinosauros. Esta terrible amenaza obriga á humanidade a acelerar radicalmente os seus esforzos para colonizar o espazo.

Elma York, muller piloto e matemática do servizo aéreo, será unha das mulleres que traballará na Coalición Espacial Internacional como calculadora para levar un home á Lúa. A súa ambición de converterse en astronauta faralle enfrontarse a unha sociedade que non está preparada para ver a unha muller dirixíndose cara ás estrelas.

Relacionado con este libro, recomendamos a película: "Figuras ocultas"
Conta a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron como calculadoras na NASA a comenzos dos anos sesenta no ambicioso proxecto de poñer en órbita ao astronauta John Gleen.
As CALCULADORAS eran mulleres que facían os cálculos matemáticas para a NASA. O traballo destas mulleres foi moi importante para a chegada do home a lúa.
Unha delas foi Katherine Johnson, unha desas heroínas invisibles da historia. Grazas aos seus cálculos un estadounidense puido dar a primeira volta a Terra desde o espazo e o home puido chegar a lúa. Da precisión matemática dos seus cálculos dependían as vidas dos astronautas. Ademais foi a primeira muller de color que estudou na Universidade De West Virginia. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario