Despois na Biblioteca dous alumnos de 4º de ESO realizan un experimento matemático.
18/12/23
MES DA CIENCIA
Despois na Biblioteca dous alumnos de 4º de ESO realizan un experimento matemático.
29/11/20
MES DA CIENCIA
Para conmemorar o Mes da Ciencia, o alumnado de 1º ESO posa no xardín do noso Centro con libros científicos.
28/11/20
MES DA CIENCIA E MES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. RECOMENDACIÓN LECTORA
Este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Desde a Biblioteca queremos aproveitar esta dobre efeméride para recomendar o libro:
"Hacia las estrellas" da autora estadounidense Mary Robinette Kowal.
Nun frío día primaveral do ano 1952 un meteoro bate contra a Terra e arrasa a costa leste dos Estados Unidos. En breve, as consecuencias de tal cataclismo farán do planeta un lugar inhóspito, como sucedeu antes da extinción dos dinosauros. Esta terrible amenaza obriga á humanidade a acelerar radicalmente os seus esforzos para colonizar o espazo.
Elma York, muller piloto e matemática do servizo aéreo, será unha das mulleres que traballará na Coalición Espacial Internacional como calculadora para levar un home á Lúa. A súa ambición de converterse en astronauta faralle enfrontarse a unha sociedade que non está preparada para ver a unha muller dirixíndose cara ás estrelas.




















