28/5/22

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 (2)

O noso centro organizou varias actividades para conmemorar o Día das letras galegas e homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. 
O alumnado de 2º de Oratoria recitou poemas de autores galegos na Biblioteca. A continuación inclúo unha foto do cartel que anunciaba a actividade e un vídeo cos rapaces e rapazas de 2º de ESO recitando os poemas.

O mércores 18 de maio, co motivo de homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán, a compañía de teatro Fantoches Baj representa "Polos vieiros de Florencio" no auditorio das Neves, para todo o alumnado do Centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario