Mostrando entradas con la etiqueta Día da Biblioteca.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Biblioteca.. Mostrar todas las entradas

25/10/25

DÍA DA BIBLIOTECA 2025

Onte celebramos no noso Centro o Día do Biblioteca coa entrega de premios do concurso de knolling literario para elaborar un calendario.

Todo o alumnado seleccionado posou cos seus agasallos.
Aquí podedes ver os knollings literarios gañadores.

24/10/22

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe entregamos os premios aos gañadores do concurso de Principios de novela.
Todos os acertantes do cuestionario entraron no sorteo de dous premios.
Un alumno de 1º de ESO foi a man inocente.
A primeira gañadora foi Ariadna de 3º ESO B.
A continuación sacamos o segundo nome.
O segundo gañador foi Darío de 3º ESO B. 
O alumnado agraciado mostrando os seus agasallos.

 Parabéns!

A continuación, publicamos o panel coas respostas.


25/10/21

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA

Onte celebramos o Día da Biblioteca. No noso Centro, o alumnado de 2º de ESO explica nun vídeo que é para eles a Biblioteca.



24/10/19

24 DE OUTUBRO. CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. No noso Centro quisemos colaborar co CEIP Igrexa Chapela no concello de Redondela. Algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO e FPB1 gravaron varios vídeos lendo contos para os pequenos.
Os nenos e nenas de Infantil do Centro de Igrexa Chapela escoitan moi atentos a lectura dos rapaces e rapazas maiores. Podémolo comprobar nos seguintes vídeos e fotos:
Tamén os rapaces de 1º e 2º de Primaria escoitaron os contos e agradeceron ao alumnado do noso centro a súa lectura.


22/10/19

DÍA DA BIBLIOTECA PROGRAMA DE ACTIVIDADES

O 24 de Outubro é o Día da Biblioteca.
No noso centro temos preparado un programa de actividades para celebrar ese día tan especial.
Agardámosvos a todos ás 11:30

24/10/18

24 DE OUTUBRO. CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

Para celebrar o Día da Biblioteca, algúns alumnos gravaron un vídeo con recomendacións lectoras para os seus compañeiros.
O alumnado e o profesorado do noso Instituto acudiron a Biblioteca no recreo para visionar o vídeo.
O Día da Biblioteca é unha ocasión especial para que o alumnado, que non entra habitualmente na Biblioteca, coñeza os libros, por iso decidimos sacar a Biblioteca ao patio do recreo.
  


23/10/18

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de Outubro é o Día da Biblioteca.
No noso centro temos preparado un programa de actividades para celebrar ese día tan especial.
Agardámosvos a todos ás 11:30