O venres 18 de decembro non vos perdades o sorteo da "Cesta de Nadal". Os que teñades rifas, asistide á entrada do edificio novo no primeiro recreo e, que haxa sorte!
Para conseguir as rífas, traede alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza, de aseo persoal e de Nadal para unha recollida solidaria.
A Cesta contén libros, unha camiseta, libretas, rotuladores, unha mochila, un bolso e outras sorpresas emocionantes.



















































