26/10/23
CONCURSO FOTOGRÁFICO FILOSÓFICO
26/2/21
CONCURSO ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe entregamos o premio aos gañadores do concurso de Rosalía de Castro.
O concurso consistía en cubrir un cuestionario con preguntas sobre a vida e obra da escritora. Todo o alumnado que completou correctamente o cuestionario, entrou nun sorteo no que cinco gañadores recibiron unha libreta e un vale para a cafetería.
Alba de 2º ESO B
Lucía de 3º ESO A
Darío de 1º ESO A
Rosa de 1º ESO B
Ismael de 3º ESO B
Parabens para todos!
31/1/21
CONCURSO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía.
Para celebrar esta data convocamos un concurso coa finalidade de coñecer mellor a esta escritora de fama universal.
Bases
do Concurso.
1. Poderá participar todo o alumnado do
Centro.
2. Os interesados deberán responder a un
test sobre a escritora galega Rosalía de Castro.
3. O test cubrirase on line no seguinte enlace.
4. Cando rematedes de cubrir o
cuestionario, pulsades: “Terminado” e cubrides os datos solicitados: nome
completo, curso e grupo e asignatura (neste apartado poñedes literatura galega)
5. A data límite de entrega do test cuberto
será o 22 de febreiro de 2021.
7. O sorteo e a entrega de premios será o 24 de febreiro na entrada do edificio novo.
BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO
IES PAZO DA MERCÉ
28/12/20
CONCURSO OUTONO FOTOGRÁFICO
O alumnado do IES Pazo da Mercé das Neves que participou no Concurso de Fotografía de Outono recibiu un agasallo que consistiu nunha libreta e un marcapáxinas das Bibliotecas Escolares de Galicia, un rotulador e unha rifa para o sorteo da Cesta de Nadal.
No seguinte vídeo podedes ver as fotos e o alumnado recibindo os seus agasallos.
3/12/20
MICRORRELATOS
O luns 30 de novembro coñecemos os gañadores do concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero.
Antón López Fernández de 1º ESO A
9/11/20
MICRORRELATOS
A Biblioteca Rosalía de Castro do IES Pazo da Mercé convoca un Concurso Microrrelatos Contra a Violencia de Xénero que ten como obxectivo incrementar a concienciación e sensibilidade do alumnado ante a violencia de Xénero e as desigualdades entre Mulleres e Homes na sociedade. A continuación podedes consultar as bases:
· Poderá participar todo o alumnado do Centro IES Pazo da Mercé.
2:
Tema:
· A temática estará relacionada coa violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres.
3:
Características do Microrrelato:
·
Os alumnos deberán elaborar un
microrrelato que non superará as 50 palabras.
·
O texto será en galego e levará título.
·
Os Microrrelatos poderán presentarse
escritos á man, en folio DIN-A4 por unha cara.
·
Tamén se poden enviar ao seguinte correo
electrónico: monsantosprofe@gmail.com.
·
Deben levar o nome, apelidos e curso do
alumno/a.
· Só se aceptará un texto por participante.
4:
Lugar de entrega e prazos:
·
Os textos entregaranse na Biblioteca
durante calquera recreo ou enviaranse por correo electrónico.
· A data límite de entrega dos traballos será o 26 de novembro.
5:
Xurado:
·
O xurado estará composto polos membros
do Equipo da Biblioteca, presidido pola
Coordinadora, dona Montserrat Santos Barroso.
· O resultado do concurso darase a coñecer diante do edificio novo, o luns 30 de novembro, na hora do recreo.
6:
Premios:
·
Haberá dúas categorías cun premio cada
unha:
a) 1º
e 2º de ESO.
b)
3º e 4º
de ESO, Bacharelato e Ciclos.
·
Os
gañadores recibirán un vale de 5 € para a cafetería e un agasallo sorpresa.
Todos os participantes recibirán unha rifa para o sorteo dunha cesta de Nadal con material escolar.
30/10/20
CONCURSO "RELATOS DE MEDO"
Hoxe coñecemos o resultado do concurso de "Relatos de Medo" para celebrar o Samaín. O alumnado que participou estaba moi nervioso esperando a proclamación dos gañadores.
As gañadoras foron dúas rapazas. Recibiron un libro de medo e un vale para a cafetería:
Uxue de 2º ESO B e Paz de 1º ESO B.
Parabéns para as gañadoras!
26/10/20
25/10/20
DÍA DA BIBLIOTECA 2020. 24 DE OUTUBRO
O 24 de outubro conmemoramos o Día da Biblioteca. No noso Centro temos preparadas varias actividades para celebrar esta efeméride, algunhas delas terán continuidade durante todo o curso.
A partir do mes de novembro, o alumnado e o profesorado do IES recomendarán no blog libros da biblioteca para animar o resto da comunidade educativa a gozar coa súa lectura.
24/10/20
17/10/20
CENTENARIO DE MIGUEL DELIBES
Hoxe celebramos o centenario do nacemento do escritor vallisoletano Miguel Delibes.
Co gallo desta efeméride, a biblioteca convocou un concurso para que o noso alumnado coñecese mellor a este autor.
O concurso consistía en cubrir un cuestionario con preguntas sobre a vida e obra do escritor. Todo o alumnado que completou correctamente o cuestionario, entrou nun sorteo no que dous gañadores recibiron o libro "El Camino" de Miguel Delibes e un vale para a cafetería.
Onte no recreo entregamos os premios.
O alumnado esperando a que comezase o sorteo.
Un alumno de 2º de Bacharelato sacou as papeletas gañadoras.27/9/20
CONCURSO DE RELATOS DE MEDO
· Deben levar o nome, apelidos e
curso do alumno/a.
· Só se aceptará unha redacción por
participante.
|
20/12/19
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O OUTONO NO MONTE". SORTEO DA CESTA DE NADAL
1/12/19
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Neste cartaz anunciábanse as actividades de concienciación contra a Violencia de Xénero.






























































