O Xoves 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no patio cuberto do noso centro coas seguintes actividades:
Un grupo de alumnos e alumnas presentaron a figura de Isabel Zendal aos seus compañeiros.
A continuación o Comando Igualdade e Diversidade presentou o seu programa aos compañeiros e compañeiras.
Despois fixemos unha Perfomance: rodea o instituto. O noso alumnado uniu os seus brazos igual que fixeron os 22 rapaces que colaboraron na propagación da vacina da varíola para conseguir un mundo mellor.
O alumnado realizou un mural sobre ISabel Zendal.










No hay comentarios:
Publicar un comentario