2/2/20

CONCEPCIÓN ARENAL

O pasado 31 de xaneiro celebramos os 200 anos do nacemento de Concepción Arenal, unha muller valente, feminista e adiantada ao seu tempo. Asistiu a clase na facultade de dereito vestida de home porque as mulleres non podían estudar na universidade. Foi visitadora de prisións e denunciou a situación dos cárceres, a miseria das casas de saúde e a condición da muller no século XIX. Sempre defendeu a necesidade da educación da muller.
Na nosa biblioteca temos unha biografía dela escrita por Anna Caballé.




No hay comentarios:

Publicar un comentario