A MELLOR CLASE LECTORA E A MELLOR LECTORA DO TERCEIRO TRIMESTRE
O luns 11 de xuño o alumnado de 1º ESO B recibiu un agasallo por ser a mellor clase lectora deste trimestre. Ademais resultaron gañadores da mellor clase lectora de todo o curso.
Tamén recibiu un agasallo a mellor lectora, Gisela Lorenzo, a alumna que colleu máis libros na biblioteca nesta avaliación. Tamén foi a mellor lectora de todo o curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario