A ruta "VILAS AMURALLADAS" é un itinerario turístico-cultural de
carácter transfronterizo a través do que poderás coñecer o patrimonio
histórico-artístico e arqueolóxico de cinco cidades e vilas amuralladas
da eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, que se caracterizan por
posuír unha cultura e un pasado histórico común, e que che vai permitir
abrir unha ventá á súa historia.
Lugo, Santiago de Compostela, Melgaço, Monçao e Valença están á túa espera nestas vacacións!