Mostrando entradas con la etiqueta Xogando coas matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogando coas matemáticas. Mostrar todas las entradas

11/3/16

Súmate ao club de Rubik!

Descubrimos que o cubo de Rubik volta a estar de moda,e nunha cita informal transformamos a nosa biblioteca nun lugar de encontro de afeccionados a un dos xogos matemáticos máis populares do mundo.
Así, compartindo un espazo de aprendizaxe e convivencia, os recreos son diferentes!







15/6/15

Gañador@s do concurso de "Fotografía matemática no Pazo"

Parabéns a tod@s!

 
Diana e María 1º ESO-A

 Diego 1º ESO-A

 Iria 1º ESO-A

 Laura 3º ESO-A

 Nuria 3º ESO-B

 
Iago 3º ESO-A

 Carlos 3º ESO-A

12/5/15

12 de maio, Día Escolar das Matemáticas

 Día Escolar das Matemáticas 2015 (Actividades)

Unha oportunidade para "Xogar coas matemáticas"



E se queres aprender matemáticas cos Simpson, preme na imaxe para ver o documento completo.


14/4/15

Exposición de esopías e fotografía matemática da Fundación Barrié

Durante dúas semanas o noso alumnado terá oportunidade de visitar esta exposición en Usos Múltiples acompañado do profesorado do departamento de Matemáticas.
Ao mesmo tempo poderán participar nos nosos concursos  de fotografía matemática e de esopías  e aqueles que queiran tamén poderán enviar as súas creaccións á Fundación Barríé.






18/3/15

Fotografía matemática no Pazo

Xa estás facendo fotos? Que tal se comezas pola entrada?


Por certo, sabes onde está esta "figura"? 
Sabes como se chama? 
Terá algunha razón para estar no instituto?




19/1/15

O sudoku do recreo

Queres facer un sudoku no recreo para relaxarte un pouco ou para exercitar a túa mente?
Colle un na biblioteca e non esquezas que podes convidar aos teus amigos/as...


16/1/15

Fotos que che farán ver o mundo de maneira diferente

Que ves nesta foto? Será unha simple figura xeométrica? 
A que lugar corresponde?

Queres ver máis fotos de satélite de diferentes lugares do mundo?
 Entra aquí e  levarás unha grata sorpresa!



19/12/14

Último día...vacacións!


Premios de fotografía, de mellores lectores/as, de postais de Nadal, mercado de libros de segunda man e xogos matemáticos..
Parabéns a todos/as e grazas por colaborar!


 






17/12/14

Concentrados para o concurso de SUDOKU

Podes ir practicando ti tamén neste enlace de SUDOKU
Esperámoste o venres na biblio!


Xogos matemáticos na biblioteca

Cantos xogos matemáticos tés na casa? Podes traer algún para xogar cos teus compañeiros/as?

O venres 19 haberá unha sesión de xogos matemáticos na biblioteca. Xa temos listado de participantes de xadrez, parchís, monopoly, damas, cubo de Rubik, tres en raia... e hai quen xa comezou a xogar tanto na biblioteca como nas aulas. 
 Anímate e participa!


Emoción co "tres en raia" feito na clase ...





30/11/14

Hora de lectura e cálculo

Este luns, na última hora da tarde, será a última sesión de "Hora de lectura e cálculo" deste trimestre. Nos 10 primeiros minutos teremos cálculo, e a continuación, nas carpetas hai unha breve selección de poesía matemática. Se vos sobra tempo, continuaredes co voso libro de lectura.
Esta é a selección para hoxe. Esperamos que vos guste!

16/10/14

Mandalas para decorar unha biblioteca...Matemática!

Nestes días os/as alumnos/as de 1º de ESO, na hora de Proxecto Interdisciplinar, están decorando a nosa bibilioteca con mandalas. Isto forma parte do programa de acollida ao novo alumnado e así poderán sentir como xa forman parte da nosa biblioteca, que este curso será ...Matemática!
Esperamos  tela ben decorada para o día da Biblioteca Escolar !
 



30/9/14

Preparados para as novas sesións de cálculo mental?

O día 6 de outubro comeza de novo a hora de lectura e cálculo. E xa sabedes, os primeiros 10 minutos serán adicados a cálculo mental...
Lembrades a páxina do curso pasado para ir entrenando?
Repasamos algunhas operacións matemáticas?
Só falta unha semana!
 Aquí está Cerebriti matemáticas!