Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas

23/11/16

Unha data para reflexionar

Esta semana na hora de lectura seleccionamos textos sobre a violencia de xénero,  algunhas viñetas de Mafalda e unha canción de Sés. Todos os grupos pasaron pola biblioteca para ler e reflexionar sobre este tema de cara o Día Internacional contra a violencia de xénero.

3/3/16

Documental "Las sin sombrero"

Un documental como recoñecemento ás mulleres da xeración do 27, mulleres de gran talento e a primeira xeración de mulleres que entrou sen complexos no mundo artístico antes da guerra civil de 1936. Entre elas, María Teresa León, Rosa Chacel, Maruja Mallo ou María Zambrano
Despois da guerra moitos escritores e artistas continuaron os seus proxectos como Lorca, Dalí, Buñuel ou Alberti, pero estas mulleres caíron no esquecemento e no máis profundo silenzo.
Máis información en Palabras que hablan de historia



1/12/14

Rosa Parks, unha muller na historia

O 1 de decembro de 1955, Rosa Parks negouse a obedecer ao condutor do autobús público que a instaba a ceder a súa praza a  unha persoa de raza branca. Foi acusada de perturbar a orde e mesmo foi ao cárcere. Finalmente foi a imaxe do movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.
 
Se queres saber máis, entra en Docugénero.
 En Pinterest temos moitas fotos
 
 
E de paso podes ver esta interesante película
 
 
 

21/5/14

Visita á Casa Museo Emilia Pardo Bazán e ao Museo de Belas Artes

Dentro do programa "Donas de si" puidemos realizar una interesante visita á Casa Museo Emilia Pardo Bazán e ao Museo de Belas Artes de A Coruña.
 
Na Casa Museo Emilia Pardo Bazán  explicáronnos con  paixón os moitos motivos polos que esta muller se distingue no medio dos seus contemporáneos. A súa foi unha vida rica, aderezada de traballo e estudo, de participación e protagonismo na vida pública, profesional e persoal.
 
No Museo de Belas Artes tivemos una visita guiada pola exposición "As mulleres do museo"desde unha perspectiva non tradicional, vendo como foi representada a muller na arte a través do tempo. Tamén reflexionamos sobre a dificultade histórica que as mulleres tiveron á hora de acadar o status de artistas.
Agradecemos a tod@s  esta oportunidade xa que unha vez máis foi un percorrido polas vivencias de moitas mulleres que foron pioneiras no seu tempo e que deron  grandes pasos a prol da igualdade.
Seguro que repetiremos!
 

19/3/14

Exposición "Donas de si" na biblioteca


Información  máis detallada das "Mulleres científicas" no seguinte video

 
E para veres o "Álbum de mulleres galegas" pica nesta imaxe de Emilia Pardo Bazán

http://www.calameo.com/read/0022640273ea3af5d6948
Completamos a nosa selección de "Donas de si"

16/2/14

"Las maestras de la República", Premio Goya 2014


O recoñecemento para unhas mulleres que tiveron a valentía de loitar por unha educación igualitaria, garantizar os dereitos de todos os cidadáns e modernizar o país en busca dunha nova sociedade que deixara atrás as desigualdades e as discriminacións por razón de sexo ou de clase social.


 
Para saber máis visita o blog UNESCO, onde atoparás videos complementarios e recursos didácticos.