Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno e con el,o ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as
ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da
lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
[1]
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo
[2] do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as
lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar
nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en
Irlanda, puido ter sido exportada aos
Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no
século XIX e comezos do
XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de
Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un
entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes
cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular.
Se queres saber máis visita o seguinte enlace: