Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas

27/1/16

Día Internacional na memoria das vítimas do Holocausto

Un ano máis, esta data lembra un dos episodios máis terribles da historia da humanidade. No 2015 celebrouse  o 70 aniversario da  liberación do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau (Polonia) e algúns sobrevivintes visitaron os campos de concentración.
Auschwitz, na Polónia, é considerado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e recibe millares de visitantes todos os anos, entre turistas e sobrevivintes.
Un drone da BBC percorreu ese lugar. Neste enlace podes ver o  video
E ti seguro que viches este uniforme moitas veces en películas sobre o Holocausto ou incluso na portada de libros...

16/1/16

Sufraxistas, a loita polo voto femenino



A historia de Emmeline Pankhurst, a activista británica que axudou ás mulleres a gañar o voto en gran Bretaña, volta a estar de actualidade grazas á película  Suffragette que se estreou recentemente no cine.


Podes atopar interesante información no artigo "Sufragistas, a loita polo voto femenino" do xornal EM.


13/1/15

Concepción Arenal, outra muller esquecida na historia

Neste curso e por segundo ano consecutivo, participamos no Plan Proxecta "Donas de si". Será durante o segundo trimestre que traballaremos de novo a visibilidade de mulleres destacadas na historia aínda que en certos casos foron esquecidas ou relegadas a segundo plano. Ao longo do curso pasado recollemos información moi interesante que podedes ver no noso blogue UNESCO ou tamén na etiqueta "Donas de si".
Non nos esqueceremos das mulleres matemáticas pero por agora centrarémonos nas Mulleres Nobel da Paz e tamén na figura de Concepción Arenal. 

Estes son os enlaces de interese:



11/12/14

Celebración do Día dos DDHH e Solidariedade co pobo palestino

  O venres 12 de decembro durante o recreo teremos unha actividade colectiva  en Usos Múltiples, na que contamos contigo. Leremos a Declaración dos Dereitos Humanos e o alumnado de 1º de ESO representará poemas en YOGOTE.
Tamén manifestaremos o noso apoio ao pobo palestino. 
Non faltes!


Animación que explica o conflito entre palestinos e israelíes. 

                 



1/12/14

Rosa Parks, unha muller na historia

O 1 de decembro de 1955, Rosa Parks negouse a obedecer ao condutor do autobús público que a instaba a ceder a súa praza a  unha persoa de raza branca. Foi acusada de perturbar a orde e mesmo foi ao cárcere. Finalmente foi a imaxe do movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.
 
Se queres saber máis, entra en Docugénero.
 En Pinterest temos moitas fotos
 
 
E de paso podes ver esta interesante película
 
 
 

28/11/14

29 de novembro, Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino


 O 26 de novembro de 2013, a Asamblea Xeral da ONU , decidiu proclamar 2014 Ano Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino.
Mensaje del Secretario General en el Día Internacional de Solidaridad con el Pueblo Palestino.29 de noviembre de 2014.
  «En este Día Internacional de Solidaridad, exhorto a las partes a apartarse del abismo. Es preciso poner fin al ciclo de destrucción insensata. Debe comenzar el círculo virtuoso de la paz.»
 O noso alumnado leva días traballando sobre este tema, especialmente  2º de Bacharelato.

 Pero tamén houbo alumnado de 2º de ESO que hoxe sacou os seus traballos de aula aos corredores do instituto para compartilos cos compañeiros e compañeiras.


 Todos e todas seguiremos traballando a prol dos Dereitos Humanos e dos dereitos dos pobos. O día 12 de decembro, no recreo,  haberá unha actividade colectiva.

19/11/14

20 de novembro, algo que celebrar?

 Día Internacional dos Dereitos da Infancia , un día para a reflexión...

http://www.laureanobenitez.com/derechos_nino_actividades_ampliacion.htm

E unha oportunidade para ver  algunha destas películas!
Podes  levalas en préstamo da nosa biblioteca!


                   

                   

11/10/13

Quen é Malala Yousafzai?

                      
Malala Yousafzai (en pastún ملاله یوسفزۍ, nacida o 12 de xullo de 1997 en Pakistán) é  unha estudante, activista y bloguera pakistaní. No 2012 sufriu un atentado por parte dos talibáns cando ía no autobús escolar onde recibiu disparos na cabeza . Despois da súa recuperación seguiu loitando polos dereitos das mulleres e polo acceso á cultura universal.

Entrevista Publicada o 12/10/2013 (El País)

http://elpais.com/elpais/2013/10/12/eps/1381613349_778121.html



Ten recibido diferentes premios pola súa defensa dos dereitos á educación das mulleres no val de Swan (Pakistán) onde está prohibido polos talibáns que as rapazas vaian á escola.



Malala recibe o Premio da Paz dos nenos