Mostrando entradas con la etiqueta Mulleres na historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mulleres na historia. Mostrar todas las entradas

31/5/19

MULLERES ENXEÑEIRAS

O alumnado de 3º PMAR elaborou uns medallóns con información sobre Mulleres Enxeñeiras: Ada Lovelace, Ellen Swallow Richards, Sarah Mather, Emily Warren Roebling, Beulah Louise Henry, Pilar Careaga Basabe, Hedy Lamarr, Katherine Johnson, Margaret Hamilton, Valentina Tereshkova.
Elías coloca un dos medallóns no teito da Biblioteca.

11/4/17

Celebrando o día de Rosalía

O 13 de marzo celebramos cun pouco de retraso o día de Rosalía no noso instituto. O equipo da biblioteca xunto co departamento de galego organizou un acto conmemorativo, e pasamos unha tarde moi divertida recordando a Rosalía. Proxectouse un vídeo sobre a súa vida, o alumnado de 2º de Bacharelato falaunos do feminismo na súa obra, o de 3º de ESO elaborou video-poemas, os do club de lectura recitáronnos Adiós ríos, adiós fontes e finalmente cantamos todos xuntos con Astarot.






8/3/17

8 de Marzo, un día para a reflexión

Noticias sobre o Día Internacional da Muller 2017

No noso taboleiro en Pinterest tamén temos unha variada recopilación para lembrar as mulleres que foron deixando pegada na historia

Premer na seguinte imaxe para acceder!


Unha videocreación do IES Politécnico de Vigo, iniciativa das profesoras Carme Adán e Ana Ojea.

3/3/16

Documental "Las sin sombrero"

Un documental como recoñecemento ás mulleres da xeración do 27, mulleres de gran talento e a primeira xeración de mulleres que entrou sen complexos no mundo artístico antes da guerra civil de 1936. Entre elas, María Teresa León, Rosa Chacel, Maruja Mallo ou María Zambrano
Despois da guerra moitos escritores e artistas continuaron os seus proxectos como Lorca, Dalí, Buñuel ou Alberti, pero estas mulleres caíron no esquecemento e no máis profundo silenzo.
Máis información en Palabras que hablan de historia



22/2/15

Nós tamén somos Rosalía!

Ao longo da semana
- Expo Rosalía.
- Cada usuario/a que leve en préstamo un libro en galego 
recibirá un agasallo da biblioteca.
- Entrega do carné ao alumnado “Voluntariado Bibliotic”.
No recreo do martes 24 de febreiro
- Lectura de poemas polo alumnado voluntario.
- Foto ou selfie coa imaxe ou cun libro de Rosalía.
- Poemas musicados de Rosalía.


Videos

Najla Shami - Na lingua que eu falo 

   


29/1/15

195 aniversario do nacemento de Concepción Arenal

 Homenaxe a Concepción Arenal en Marín. Ler artigo completo .
 


Muller avanzada ao seu tempo, feminista, defensora dos dereitos dos traballadores e traballadoras, do igualitarismo e cunha dedicación moi importante ás condicións de reclusos e reclusas e das súas garantías legais, deixou unha importante produción teórica e xornalística. 

 

13/1/15

Concepción Arenal, outra muller esquecida na historia

Neste curso e por segundo ano consecutivo, participamos no Plan Proxecta "Donas de si". Será durante o segundo trimestre que traballaremos de novo a visibilidade de mulleres destacadas na historia aínda que en certos casos foron esquecidas ou relegadas a segundo plano. Ao longo do curso pasado recollemos información moi interesante que podedes ver no noso blogue UNESCO ou tamén na etiqueta "Donas de si".
Non nos esqueceremos das mulleres matemáticas pero por agora centrarémonos nas Mulleres Nobel da Paz e tamén na figura de Concepción Arenal. 

Estes son os enlaces de interese:



2/9/14

Carolina Marín, unha muller de bandeira!

Seguro que tod@s sabedes quen é esta moza, non?

Especialmente os amantes do bádminton, que no noso instituto hai (e houbo) bastantes...
Pois non podemos esperar nen un día máis sen dar os parabéns a Carolina Marín!

1/4/14

Webquest sobre a exposición "Donas de si"

Preme nesta imaxe para acceder

http://webquest.carm.es/majwq/wq/vercaza/5281
 
Tamén podes mover o rato sobre esta imaxe para atopar respostas ás túas preguntas...
 
 

19/3/14

Exposición "Donas de si" na biblioteca


Información  máis detallada das "Mulleres científicas" no seguinte video

 
E para veres o "Álbum de mulleres galegas" pica nesta imaxe de Emilia Pardo Bazán

http://www.calameo.com/read/0022640273ea3af5d6948
Completamos a nosa selección de "Donas de si"