Mostrando entradas con la etiqueta Animación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación. Mostrar todas las entradas
17/5/17
27/4/17
Premio dos Clubs de lectura 2017 para Miguelanxo Prado
O premio seralle entregado o 17 de xuño na que será a X Xornada dos Clubs de Lectura que se celebrará en Compostela.
Fonte Bibliotecas Escolares
Para coñecer máis a este autor podes visitar o seu blog premendo na seguinte imaxe!
11/4/17
Celebrando o día de Rosalía
O 13 de marzo celebramos cun pouco de retraso o día de Rosalía no noso instituto. O equipo da biblioteca xunto co departamento de galego organizou un acto conmemorativo, e pasamos unha tarde moi divertida recordando a Rosalía. Proxectouse un vídeo sobre a súa vida, o alumnado de 2º de Bacharelato falaunos do feminismo na súa obra, o de 3º de ESO elaborou video-poemas, os do club de lectura recitáronnos Adiós ríos, adiós fontes e finalmente cantamos todos xuntos con Astarot.
25/1/17
Lectura teatralizada
Na hora de lectura do segundo trimestre o alumnado estivo desfrutando da lectura teatralizada da obra "O achado do castro" de Manuel Núñez Singala.
O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.
Tamén o podes atopar en:
11/1/17
1/11/16
Queres pasar algo de medo?
A «Danza macabra» (Danse macabre), opus 40, é un poema sinfónico composto en 1874 por Camille Saint-Saëns, inspirándose nun poema de Henri Cazalis recreando a antiga superstición de la Danza de la Muerte . É unha das composicións máis populares do seu autor. A obra, estreada en París o 24 de xaneiro de 1875, describe a Morte tocando o violín a medianoite. Ao seu ritmo, os esqueletos bailan ao redor dunha tumba. Ao amencer, co canto do galo, os mortos voltan ás súas tumbas.
Fonte: Wikipedia
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










