Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía é mundial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía é mundial. Mostrar todas las entradas

11/4/17

Celebrando o día de Rosalía

O 13 de marzo celebramos cun pouco de retraso o día de Rosalía no noso instituto. O equipo da biblioteca xunto co departamento de galego organizou un acto conmemorativo, e pasamos unha tarde moi divertida recordando a Rosalía. Proxectouse un vídeo sobre a súa vida, o alumnado de 2º de Bacharelato falaunos do feminismo na súa obra, o de 3º de ESO elaborou video-poemas, os do club de lectura recitáronnos Adiós ríos, adiós fontes e finalmente cantamos todos xuntos con Astarot.






22/2/15

Nós tamén somos Rosalía!

Ao longo da semana
- Expo Rosalía.
- Cada usuario/a que leve en préstamo un libro en galego 
recibirá un agasallo da biblioteca.
- Entrega do carné ao alumnado “Voluntariado Bibliotic”.
No recreo do martes 24 de febreiro
- Lectura de poemas polo alumnado voluntario.
- Foto ou selfie coa imaxe ou cun libro de Rosalía.
- Poemas musicados de Rosalía.


Videos

Najla Shami - Na lingua que eu falo 

   


21/2/15

Propostas para o Día de Rosalía

Unha visita á Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro, na que podemos atopar información sobre Rosalía e varias iniciativas para este día en  moitos lugares de Galicia e mesmo en Portugal.
Tamén podemos ler algúns poemas en diferentes linguas do mundo, xa que Rosalía é  mundial.
Alumnos/as de 2º de ESO traballando "Adieu rivières, adieu fontaines"



21/2/14

Rosalía é mundial

No Día Internacional da Lingua Materna declarado pola UNESCO no ano 2000, presentamos o cartaz de Rosalía elaborado pol@s alumn@s de 4º de ESO.



 

Ao mesmo tempo temos unha exposición do poema "Adiós ríos, adiós fontes" en diferentes linguas que serán lidos no recreo do luns.

Para ver as traduccións visita a Fundación Rosalía de Castro

 

 
Programa de actividades para a "Semana de Rosalía"no blog do Equipo de Dinamización