Mostrando entradas con la etiqueta Educación en valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación en valores. Mostrar todas las entradas

5/4/18

Exposición "As Neves zona 0"

No mes de outubro, o noso concello sufriu un dos maiores incendios de Galicia e a nosa contorna resultou afectada nun 90%, incluso parte da finca do noso centro. Iso foi o motivo que nos levou a recompilar información de todo o sucedido, noticias de prensa, fotografías e as impresións do alumnado.Todo iso está recollido nesta exposición que nos leva a "Aprender a pensar", a reflexionar e a promover unha maior concienciación ambiental no contexto escolar. 
Este traballo foi realizado polo alumnado de Investigación e tratamento da información de 1º de ESO, alumnado de 2º de ESO das materias de Oratoria e Programación e por alumnado de FP Básica 1 do módulo Comunicación e sociedade.
Ademáis, no mes de marzo, foi presentado en Pontevedra no congreso de alumnado das Escolas de Galicia asociadas á UNESCO.Imaxe

8/3/17

8 de Marzo, un día para a reflexión

Noticias sobre o Día Internacional da Muller 2017

No noso taboleiro en Pinterest tamén temos unha variada recopilación para lembrar as mulleres que foron deixando pegada na historia

Premer na seguinte imaxe para acceder!


Unha videocreación do IES Politécnico de Vigo, iniciativa das profesoras Carme Adán e Ana Ojea.

27/5/16

Día europeo dos Mercados e Prazas de Abastos

Na véspera do Día dos Mercados e Prazas de Abastos fixemos unha visita ao Mercado Municipal e o noso alumnado levou as  conclusións do estudo realizado nas semanas anteriores e tamén as súas  propostas  ao Concello de As Neves nas cartulinas que quedaron expostas.



Alí compartimos  a sesión co alumnado do colexio
 e da unitaria de Rubiós.

27/2/16

Participación nos VI Encontros das Escolas de Galiza asociadas á UNESCO

VI ENCONTROS DAS ESCOLAS DE GALIZA ASOCIADAS Á UNESCO PONTEVEDRA 2016 on PhotoPeach

Para ver os traballos presentados polos diferentes centros preme na seguinte imaxe

27/1/16

Día Internacional na memoria das vítimas do Holocausto

Un ano máis, esta data lembra un dos episodios máis terribles da historia da humanidade. No 2015 celebrouse  o 70 aniversario da  liberación do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau (Polonia) e algúns sobrevivintes visitaron os campos de concentración.
Auschwitz, na Polónia, é considerado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e recibe millares de visitantes todos os anos, entre turistas e sobrevivintes.
Un drone da BBC percorreu ese lugar. Neste enlace podes ver o  video
E ti seguro que viches este uniforme moitas veces en películas sobre o Holocausto ou incluso na portada de libros...

14/6/15

Gañadores do IX Premios Espiral Edublogs

Parabéns a tod@s!
Podedes ver a lista de gañadores aquí

E nós seleccionamos un deles, o proxecto solidario "Cantamos contigo"na categoría de blogs de maestros e profesores.

Cita textual
“Ahora más que nunca” es un tema musical compuesto con el objetivo de agradecer a todas las personas que de alguna manera ayudan en el cuidado de personas con enfermedades graves. Por este motivo decidimos aprovechar esta acción colaborativa para fomentar el valor del agradecimiento y solidaridad en los niños y adolescentes de todo el mundo. Nos pusimos en contacto con la ONG Jóvenes y Desarrollo (JyD)  y decidimos donar elVideoclip Final para que todo el beneficio económico, publicitario que este genere se destinase a la campaña
 “Hijos del Ébola

      

6/3/15

As mulleres e a gastronomía, pasado e presente

Primeiro un pouco de historia...





E agora abrimos o debate!
Acaso a cociña é cousa de mulleres?
Todas as mulleres teñen a obriga de saber cociñar?
Sabes porqué a maioría dos "chef de cociña " son homes?
Quen cociña na túa casa?

E ti, sabes cociñar?
Mándanos a  túa receta preferida a bibliotic.iespazodamerce@gmail.com
co lema "Hoxe cociño eu", os teus datos persoais e o curso. Faremos unha selección das receitas destacadas e recibirás un agasallo da biblioteca.