Mostrando entradas con la etiqueta Día 8 de marzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día 8 de marzo. Mostrar todas las entradas

10/3/19

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora cunha exposición de libros feministas na Biblioteca.
Ademais o alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista preparou unha exposición e realizou unhas entrevistas a tres profesoras do Centro. No seguintes enlaces podedes ver as actividades realizadas: exposición, entrevistas.



11/3/18

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano, no noso instituto, celebramos o Día da Muller Traballadora con varios actos:

Comezamos o luns, 5 de marzo cunha actuación do grupo musical As Punkiereteiras.

A actuación celebrouse en Usos Múltiples pola tarde. Gisela, unha alumna de 4º de ESO foi a encargada de presentar ao grupo.
Este é un grupo que se iniciou cunhas clases de pandeireta que impartía unha das súas integrantes, no Centro Social da Vila (Ponteareas) Elas facían unha recollida de cantigas tradicionais das parroquias e vían que as letras das cancións que se cantaban ían totalmente en contra delas. Ao tempo, formouse un colectivo feminista, polo que o ambiente era propicio a debater abertamente todas estas cuestións, e deciden facer súas as cantigas transgredindo a mensaxe "heteropatriarcal-tradicional" cara a unha versión claramente feminista. Tamén xorde a idea de faceren traxes "tradicionais", pero de cor lila e camisetas con mensaxes reivindicativas: aí encaixa o nome "Punkiereteiras", é dicir, conservando parte da tradición galega, pero con actitude "punk" a súa vez.

O público escoita interesado a presentación.


 Comeza o espectáculo! 
  

Algunas das nosas alumnas quixeron acompañar coa pandeireta algunhas cancións.

 O público escoita atentamente a actuación.

O venres, 9 de marzo reunímonos o alumnado e o profesorado en Usos Múltiples para homenaxear as mulleres traballadoras.
Comezamos cun texto onde se explicaba a orixe do día da muller traballadora, lido por un alumno de 2º de ESO e unha alumna de 3ºde ESO

Despois, unhas alumnas de 2º de BACHARELATO quixeron ler un manifesto para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.

Por último, procedeuse a dar os premios aos gañadores do concurso de redacción convocado pola biblioteca para conmemorar este día tan especial. O concurso consistía en escribir sobre unha muller traballadora da sua contorna.
Houbo redaccións moi emotivas e custounos moito traballo decidirnos por unha, por iso escollemos tres composicións.
Unha das redaccións gustounos pola súa emotividade. Unha alumna, Lucía Vidal de 3º de ESO B, escribe sobre a súa nai e as dificultades que tivo que superar na vida desde ben cativa.

Outra das redaccións gañadoras elaborouna unha alumna de 2º de PMAR que escribe sobre a súa tía, unha muller que quedou cega aos 15 anos por unha neglixencia médica pero que seguiu adiante coa súa vida sen renderse, o que supón un exemplo de superación. Esta alumna chámase Esther Yanira Da Costa.


A última redacción seleccionada foi escrita por un alumno que fala da súa avoa, unha muller traballadora que desde pequena foi consciente que estaba a sufrir discriminación porque, como el mesmo conta na redacción, ela non foi a escola xa que tiña que axudar nas tarefas da casa e os seus irmáns si foron. Tamén comenta que cobraba menos cos homes polo mesmo traballo.
Gustounos esta redacción porque é importante que un home valore o esforzo e afán de superación dunha muller da súa familia e que sexa consciente da discriminación que sufriu e sofre. Este alumno é David Simón de 2º ESO B
Os alumnos recibiron de agasallo un vale para un libro e unha bolsa de lambetadas.

PREMIO CONCURSO DE REDACCIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA



VALE POR UN LIBRO
David posando co libro que escolleu.

Lucía co libro que elexiu.
Esther co libro escollido.



24/1/18

CONCURSO DE REDACCIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Co motivo do Día da Muller Traballadora o 8 de marzo, a Biblioteca Rosalía de Castro do Ies Pazo da Mercé organiza un Concurso de Redacción coas seguintes bases:

1: Participantes:
·           Poderán participar todo o alumnado do Centro Ies Pazo da Mercé.

2: Tema:
·           A redacción será en calquera das linguas estudadas no Centro (galego, castelán, portugués, inglés, francés)
·           O tema versará sobre “A muller traballadora na sociedade”.
·           Os alumnos deberán escoller unha muller da súa contorna e escribir sobre ela.

3: Características da Redacción:
·           As redaccións deberán presentarse escritas a man, en folio DIN-A4 por unha cara. Deberán ter portada, marxes, boa presentación, boa caligrafía e non ter faltas de ortografía.
·           Deben levar o nome, apelidos e curso do alumno/a.
·           Só se aceptará unha redacción por participante.

4: Lugar de entrega e prazos:
·           As redaccións entregaranse na Biblioteca durante calquera recreo.
·           A data límite de entrega dos traballos será o 28 de febreiro.

5: Xurado:
·           O xurado estará composto polos membros do Equipo da Biblioteca, presidido pola  Coordinadora, dona Montserrat Santos Barroso.
·           O resultado do concurso darase a coñecer na Biblioteca, o xoves, 8 de marzo, na hora do recreo.

6: Premios:
·           O alumno/a gañador/a recibirá un vale para cambiar por un libro de lectura do seu agrado.


8/3/17

8 de Marzo, un día para a reflexión

Noticias sobre o Día Internacional da Muller 2017

No noso taboleiro en Pinterest tamén temos unha variada recopilación para lembrar as mulleres que foron deixando pegada na historia

Premer na seguinte imaxe para acceder!


Unha videocreación do IES Politécnico de Vigo, iniciativa das profesoras Carme Adán e Ana Ojea.

3/3/16

Documental "Las sin sombrero"

Un documental como recoñecemento ás mulleres da xeración do 27, mulleres de gran talento e a primeira xeración de mulleres que entrou sen complexos no mundo artístico antes da guerra civil de 1936. Entre elas, María Teresa León, Rosa Chacel, Maruja Mallo ou María Zambrano
Despois da guerra moitos escritores e artistas continuaron os seus proxectos como Lorca, Dalí, Buñuel ou Alberti, pero estas mulleres caíron no esquecemento e no máis profundo silenzo.
Máis información en Palabras que hablan de historia



6/3/15

As mulleres e a gastronomía, pasado e presente

Primeiro un pouco de historia...





E agora abrimos o debate!
Acaso a cociña é cousa de mulleres?
Todas as mulleres teñen a obriga de saber cociñar?
Sabes porqué a maioría dos "chef de cociña " son homes?
Quen cociña na túa casa?

E ti, sabes cociñar?
Mándanos a  túa receta preferida a bibliotic.iespazodamerce@gmail.com
co lema "Hoxe cociño eu", os teus datos persoais e o curso. Faremos unha selección das receitas destacadas e recibirás un agasallo da biblioteca.

19/3/14

Exposición "Donas de si" na biblioteca


Información  máis detallada das "Mulleres científicas" no seguinte video

 
E para veres o "Álbum de mulleres galegas" pica nesta imaxe de Emilia Pardo Bazán

http://www.calameo.com/read/0022640273ea3af5d6948
Completamos a nosa selección de "Donas de si"