Este ano, no noso instituto, celebramos o Día da Muller Traballadora con varios actos:
Comezamos o luns, 5 de marzo cunha actuación do grupo musical As Punkiereteiras.
A actuación celebrouse en Usos Múltiples pola tarde. Gisela, unha alumna de 4º de ESO foi a encargada de presentar ao grupo.
Este é un grupo que se iniciou cunhas clases de pandeireta que impartía unha das súas integrantes, no Centro Social da Vila (Ponteareas) Elas facían unha recollida de cantigas tradicionais das parroquias e vían que as letras das cancións que se cantaban ían totalmente en contra delas. Ao tempo, formouse un colectivo feminista, polo que o ambiente era propicio a debater abertamente todas estas cuestións, e deciden facer súas as cantigas transgredindo a mensaxe "heteropatriarcal-tradicional" cara a unha versión claramente feminista. Tamén xorde a idea de faceren traxes "tradicionais", pero de cor lila e camisetas con mensaxes reivindicativas: aí encaixa o nome "Punkiereteiras", é dicir, conservando parte da tradición galega, pero con actitude "punk" a súa vez.
O público escoita interesado a presentación.
Comeza o espectáculo!
Algunas das nosas alumnas quixeron acompañar coa pandeireta algunhas cancións.
O público escoita atentamente a actuación.
O venres, 9 de marzo reunímonos o alumnado e o profesorado en Usos Múltiples para homenaxear as mulleres traballadoras.
Comezamos cun texto onde se explicaba a orixe do día da muller traballadora, lido por un alumno de 2º de ESO e unha alumna de 3ºde ESO
Despois, unhas alumnas de 2º de BACHARELATO quixeron ler un manifesto para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.
Por último, procedeuse a dar os premios aos gañadores do concurso de redacción convocado pola biblioteca para conmemorar este día tan especial. O concurso consistía en escribir sobre unha muller traballadora da sua contorna.
Houbo redaccións moi emotivas e custounos moito traballo decidirnos por unha, por iso escollemos tres composicións.
Unha das redaccións gustounos pola súa emotividade. Unha alumna, Lucía Vidal de 3º de ESO B, escribe sobre a súa nai e as dificultades que tivo que superar na vida desde ben cativa.
Outra das redaccións gañadoras elaborouna unha alumna de 2º de PMAR que escribe sobre a súa tía, unha muller que quedou cega aos 15 anos por unha neglixencia médica pero que seguiu adiante coa súa vida sen renderse, o que supón un exemplo de superación. Esta alumna chámase Esther Yanira Da Costa.
A última redacción seleccionada foi escrita por un alumno que fala da súa avoa, unha muller
traballadora que desde pequena foi consciente que estaba a sufrir
discriminación porque, como el mesmo conta na redacción, ela non
foi a escola xa que tiña que axudar nas tarefas da casa e os seus
irmáns si foron. Tamén comenta que cobraba menos cos homes polo
mesmo traballo.
Gustounos
esta redacción porque é importante que un home valore o esforzo e
afán de superación dunha muller da súa familia e que sexa
consciente da discriminación que sufriu e sofre. Este alumno é David
Simón de 2º ESO B
Os alumnos recibiron de agasallo un vale para un libro e unha bolsa de lambetadas.
PREMIO
CONCURSO DE REDACCIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA
VALE
POR UN LIBRO
David posando co libro que escolleu.




















No hay comentarios:
Publicar un comentario