Mostrando entradas con la etiqueta Literatura universal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura universal. Mostrar todas las entradas

4/6/17

NOVIDADES

Non te olvides de pasar pola biblioteca para ver as últimas adquisicións. Hai libros e películas moi interesantes, incluídas moitas das vosas peticións.




13/11/16

Leonard Cohen e Federico García Lorca

Leonard Cohen e Federico García Lorca:unha vinculación poética eterna
Segundo confesou L.Cohen en 2011, Lorca foi o poeta que máis influiu na súa xuventude e incluso a súa primeira filla leva o nome de Lorca.
Ver documemento completo en culturainquieta.com


Cohen tamén colaborou no disco "Poetas en Nueva York" en 1986.

20/2/16

Lembranza para Harper Lee e para Umberto Ecco


Nesta semana deixounos Harper Lee, a autora de "Matar a un ruiseñor", unha fermosa novela  que tamén foi levada ao cine e que podes atopar na nosa biblioteca.

Imaxe de Blog de cine

Tamén Umberto Ecco, escritor e filósofo italiano, autor de "El nombre de la rosa" e "El péndulo de Focault", un humanista recoñecido co Doctorado Honoris Causa por numerosas universidades.




26/12/15

12/2/15

Por San Valentín, un libro sobre o amor verdadeiro


bajo la misma estrella
Y cuando empeoré, recordé todos esos momentos felices que había vivido. A mi madre, a mi padre, a Gus, hasta pensé en Isaac. Pensé en todas las personas que había conocido, y pensé en si me recordarían, y no quise ponerme a pensar en el olvido, y en que sólo era una muerte más.
Y pensé en el amor verdadero, en que todo el mundo debería tener un amor verdadero, y debería durar como mínimo toda la vida. Y pensé en Gus, y como él formaba parte de mi estúpido sueño de un para siempre. De un ‘toda la vida’. Y quizás, si vivimos un ‘toda la vida’. Vivimos nuestra corta vida, y eso es suficiente para mí. Pero, si por algún motivo, existe algún otro lugar invisible e indeterminado al que sólo pudiéramos llegar después de la muerte, yo estaría completamente feliz.

21/1/15

O Principiño, un libro para a educación en valores

Nestes días no noso clube de lectura comezan a ler "O Principiño" co alumnado de 3º de ESO. E o departamento de francés aporta tamén diferente material para traballar nas aulas.Desta actividade conxunta, faremos unha pequena exposición na biblioteca.


22/4/14

Homenaxe a Gabriel García Márquez

Homenaxe a un xenio da literatura universal.
  Gabriel García Márquez, Gabo.
Para lembrar a súa vida  e coñecer as súas obras podes dar un paseo virtual sobre esta imaxe de bolboretas amarelas que tanto significado tiñan para Gabo. E  non esquezas o relato
"Viendo llover Galicia" 
 

2/2/14

2014, o ano de lecturas de libros escritos por mulleres

A organización americana Vida denunciou a enorme diferenza  e desequilibrio tanto na escolla dos libros como no tratamento que se lle da na prensa. Esta iniciativa apareceu no twitter e está a ter unha gran acollida.


 Dende a nosa biblioteca tamén nos sumaremos a esta gran iniciativa!
Cales son as túas escritoras preferidas?

8/1/14

Lecturas para o novo ano

Preparad@s para unha nova aventura? Seguro que traedes ganas de ler e de visitar de novo a nosa biblioteca...

 
Pica neste enlace para ver algunhas suxestión lectoras que nos recomendan @s compañeir@s do IES Blanco Amor.

29/11/13

O universo de Marcel Proust

Centenario de "En busca do tempo perdido" de Marcel Proust



 Podes ver un documental sobre o autor e o seu tempo

 
                     

Podes ler o libro ou descargalo en PDF. Pica aquí

A obra está dividida en tres partes. Na primeira, Combray, o narrador, que cabe identificar con Proust, describe en primeira persoa a súa infancia e as súas estancias no pobo do seu pai. O celebrado comezo da novela «Moito tempo estiven deitándome cedo...», leva ao protagonista ao recordo e á memoria dos primeiros anos da súa vida, ás noites de verán en que, deitado, esperaba o bico da súa nai antes de durmir, necesario para conciliar o soño; as visitas aos seus pais, entre outros de Swann, persoa culta e refinada, que se namora dunha muller elegante e de vida disipada, Odette; da duquesa de Guermantes, un dos amores platónicos do protagonista, xunto con Giliberta, e Albertina.
A madalena
Parágrafo de culto é aquel en o que o protagonista molla unha madalena en té e, nese instante, recobra a memoria da infancia e as súas vivencias a través das sensacións, emocións, sabores, cheiros, afectos que perduran vivos, inmateriais, perdidos os seus soportes materiais. A través do mundo exterior -a madalena- o protagonista rememora o mundo interior da súa nenez e recupera o tempo perdido.
O protagonista reconstrúe o tempo, a través da arte, unha pintura, unha obra musical, e rememora o tempo interior, na mirada do tempo exterior, un cadro ou un rostro envellecido. A arte por encima da paixón amorosa, perecedoira, enfermiza, paralizante ata o encantamento. E na arte o que importa é o subxectivo, o singular, a impresión que no momento capta ou transmite a sensibilidade do artista. Só a través da arte e da memoria, voluntaria ou involuntaria, ése capaz de recobrar o tempo perdido e vivilo na súa plenitude, fronte ao tempo presente, creativo pero fugaz, que non nos permite captar todos os sentimentos e emocións que se producen.
Na segunda parte, Un amor de Swann , nárranse as relacións tormentosas e ilusionantes entre Swann e Odette; e na terceira, Nomes de terras: o nome , relátase a relación adolescente entre o narrador e Giliberta Swann.

Interesante documentación no seguinte enlace:
http://elpais.com/tag/marcel_proust/a/

18/11/13

Lembrando a Doris Lessing

 

A última hora do domingo coñecíamos o pasamento de Doris Lessing, a autora de "O caderno Dourado". Coa súa norte desaparece una narradora de primeiro nivel recoñecida co Premio Nobel no ano 2007 e co premio Príncipe de Asturias no 2001.
 


Sempre destacou pola súa defensa da igualdade da muller e na loita contra toda forma de discriminación , nomeadamente en terras de Sudáfrica.

 
 
 
"O caderno dourado",  é a súa obra maestra.
Podes lelo aquí
 
 
Artigos relacionados:
 
 
 
 
 
 
 
 
 




 

 

5/11/13

Centenario do nacememento de Albert Camus


O 7 de novembro de 1913 nacía en Arxelia o novelista, ensaista, dramaturgo, filósofo e periodista francés Albert Camus.


Na súa variada obra desenvolveu un humanismo fundado na conciencia do absurdo da condición humana. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
 

Entre as súas obras principais destaca "L´étranger" , novela na que se describen as vicisitudes dun individuo incapaz de amosar sentimentos ou de  crear unha moral acorde entre a razón-sensación-emoción e que reacciona sin razón nen motivo aparente.


Nunca deixou de loitar contra todas as ideoloxías que arredran ao home da condición humana.

Para saber máis:

http://es.wikipedia.org/wiki/Albert_Camus
http://www.semana.com/cultura/articulo/albert-camus-centenario/362277-3