A nosa biblioteca chegou como novidade "O sentido dun final" do escritor inglés Julian Barnes.
O argumento de "O sentido
dun final" condúcenos por boa parte da vida do seu narrador e protagonista, Tony
Webster, en dous bloques bastante definidos; un primeiro máis amplo que fai un
rápido repaso pola súa vida desde a época escolar, onde ocorren unha serie de
feitos que serán básicos para a comprensión da obra –a aparición do atractivo
Adrian Finn e como modela as
personalidades de todo o seu grupo de amigos e altera a súa vida, a
universidade, as ansias de éxito social e intelectual, as súas distintas relacións
amorosas até o seu matrimonio, paternidade, divorcio e solitaria e ordinaria
madurez desde a que relata a historia.
Tony Webster, chega a
xubilación, intenta manterse ocupado en diversas actividades, parece que a vida
xa non lle vai procurar máis sorpresas, cando recibe unha carta na que se lle
comunica que a nai da súa primeira noiva déixalle como herdanza
cincocentas libras, unha cantidade
prácticamente insignificante, e un sobre cun caderno no seu interior, o diario
de Adrian –que Verónica, a súa antiga noiva e posterior parella
do seu amigo non quere facerlle chegar- o que obrigará a Tony a voltar ao pasado para
analizar, punto por punto, aquela relación que deixou atrás fai tanto tempo e
no que non tódolos feitos estaban pechados.
O sentido dun final poderían ser
moitas cousas, un home que axusta contas co seu pasado, unha xuventude
pretenciosa que se prometía intensa e exitosa e que acaba –como a meirande
parte delas- sumida nunha pracenteira e tediosa monotonía, unha análise sobre o
pasado e os remorsos, os feitos que non quixemos ou non soubemos pechar no seu
momento para poder pasar páxina, un reconto das renuncias que a vida nos obrigou
a facer coas nosas propias contradiccións de mocidade, unha análise sobre o pasado e
unha reconstrucción ideal –ou non- do mesmo e do que, pensamos. Preguntarnos canto do noso pasado,
non é xa unha lembranza senon que o convertemos en ficción, ata que punto o
tempo non transforma a nosa vida e recreamos un personaxe que se parece a nós e
interéseanos identifcar con nós mesmos desde un punto de vista pouco fiable, claro está.
A novela presenta un evocador exercicio de
memoria, a reconstrucción dun pasado cunha
análise desacomplexado, a veces autocrítico pero relativamente condescendiente, a través das distintas etapas
da vida, marabillosamente apuntalados con pinceladas culturais –lecturas, a
música sobre todo que vai variando acompañando as épocas do protagonsta- certa
flema e fina ironía británica –a sua
dramática visita á familia da sua primeira novia ou as reclamaciones ao seguro-,
de tal xeito que non é complicado empatizar cun narrador que asume a súa vida
anodina con resignación e pensa na morte e na escasa importancia que ten a súa
presencia no mundo nestes momentos (os distintos momentos nos que deixa claro
que o seu obxetivo é non padecer alzheimer e deixarlle á súa filla a herdanza
cando todavía precise dos cartos é máis que reveladora, do sentido que ten o
seu final)
Quizais nalgúns intres a novela plantexa
situacións tópicas e personaxes máis ben planos; un final relativamente
melodramático, é certo, ainda que tan contundente e revelador que probablemente
che deixe o suficientemente trasposto
como para non reparar no efectismo ata moito tiempo despois, cuando o poso da
obra se asente satisfactoriamente na tua mente, porque o argumento serve de
partida para a reflexión sobre os temas básicos de calquera vida, dende esa
xuventude que non se recrea de xeito bastante amplo por casualidade senon como
punto de partida para asumir os fracasos e desercións do que nun momento dado
se asumía como indubidable e prácticamente innegociable –o futuro, a vida
laboral, o amor, o sexo, a propia amizade…- .
O sentido dun final é unha novela lixeira en
apariencia, só en apariencia, porque presenta unha sucinta e incómoda análise
–para que imos negalo- do que representa a vida; da vida que pretendemos acadar
cando somos novos, da vida que queremos e nos parece estar levando, e da vida
que cremos ter vivido. Contada cunha
fluidez a xeito de sorriso pouco confortable –tan habitual en moitos autores da
literatura galega- e cunha prosa elegante que vai guiando ao lector de xeito
apacible pero, dalgún xeito, deixa un regusto amargo nas nosas propias
existencias.
Independeintemente dos premio recibidos –o Man
Booker, o premio máis prestixioso dentro das países da Commomwealth – estamos
ante unha obra máis que suxerente que, en pouco máis de duascentas páxinas, nos
dará temas de conversación para moito tempo.
Dirixido a aqueles que lles guste analizar as relacións interpersoais, a aqueles que se pregunten como as nosas accións no presente poden ter repercusións no futuro,
|