Mostrando entradas con la etiqueta Campañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Campañas. Mostrar todas las entradas

15/12/15

Nadal de libros!





Na nosa biblioteca xa temos preparada unha mesa de Nadal...pero de libros!
Unha  pequena selección de libros imprescindibles, que nos deixaron bos recordos e que queremos recomendar aos demáis. Pasa por alí, deixa algún máis dos que quedaron nos andeis e  despois lévate en préstamo  os que máis che gusten para ti ou para alguén da túa familia ...
Este Nadal pon un libro na túa mesa!

E ademáis, entre os préstamos desta semana, ao final do recreo do venres
sortearemos unha flor de Pascua!







19/10/15

Concurso... E ti que les?

Xa estamos nun novo curso e moitos/as xa pasastes pola biblioteca do centro. Agora, no mes de outubro, o mes da biblioteca escolar, queremos celebralo con vós!
E como sabemos que por aquí andan magníficos lectores e lectoras, convidámosvos a  que nos enviedes un selfie co voso libro ou  escenario de lectura preferido...
Xa sabedes... bibliotic.iespazodamerce@gmail.com

Aquí tedes varios escenarios de lectura...cal é o teu?




1/7/15

Libros, cine e pasatempos para o verán

Ao longo do curso fomos facendo diferentes propostas de lectura, recomendacións do alumnado, sesións de bookface...e agora podes darlle un novo vistazo, que seguramente che quedaron cousas por ver e ler... 
podes atopalas na etiqueta  "Animación á lectura

 Se vas pasando o rato por esta imaxe (que xa debes coñecer), tamén atoparás moitas ideas para compartir cos amigos/as e coa familia.



Tamén podes compartir cos teus amigos "Xogando coas matemáticas"

(clica na imaxe do Pazo que tés á esquerda)

 e aquí podes atopar máis enlaces de "matematicas divertidas" para este verán.


E se prefires viaxar, en cinco minutos podes dar a volta ao mundo!
   

2/3/15

En marzo...novidades gastronómicas!

As receitas tamén se len! 
E en  moitas obras da literatura universal aparecen parágrafos importantes adicados á gastronomía...
Ao longo da semana iremos descubrindo algunhas delas e adicaremos un especial a Cunqueiro e por suposto a "El Quijote".



.

18/12/14

Mercado de libros e sorteo dunha cesta de Nadal!

Por 1€ poderás levar dous libros ou revistas e entrarás no sorteo da cesta con libros variados para toda a familia!

Este venres, sorteamos unha cesta de Nadal "Libros en familia" entre todos/as os/as participantes na compra de libros no mercado de libros de segunda man. 

 Árbore de libros da biblioteca e cesta realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato


4/9/14

Era visto!

O lema elixido para este curso 2014/2015
 Biblioteca escolar... matemático!!!
O curso pasado xa estivemos “Xogando coas matemáticas”  dende o noso blog  da biblioteca  onde temos  unha selección de enlaces sobre “matemáticas divertidas” que podedes atopar nas sección de páxinas de interese  e que compartimos co profesorado dos diferentes departamentos e utilizamos especialmente na hora de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO, en horas de Atención Educativa e incluso nas gardas. E temos constancia de que que @s nos@s alumn@s tamén  ocupan o seu tempo de lecer con varias destas actividades virtuais!
De paso deixamos tamén o enlace ao artigo publicado pola revista EDUGA no mes de xuño sobre boas prácticas na nosa biblioteca baixo o título de "Matemáticas, ciencia e tecnoloxía dende a biblioteca".
Neste curso, seguro que se nos ocurrirán moitas máis actividades  que xa iremos contando e publicando no blog!
Bo comezo de curso a tod@s!