O luns 16 de outubro celebramos o aniversario de Oscar Wilde, escritor irlandés nado en 1854 en Dublín e falecido en París o 30 de novembro do ano 1900. Escribiu poesía, ensaio, teatro, contos e unha novela.
Aproveitando a efeméride, na hora de ler desta semana, imos ler tres contos deste magnífico autor:
O xigante egoísta, O príncipe feliz e O ruiseñor e a rosa.

Se te interesa coñecer máis profundamente a este escritor, podes ler algunhas das súas obras máis famosas:
A unica novela que publicou é O retrato de Dorián Gray (1890) que narra a historia dun mozo rico que vende a súa alma para non envellecer e así poder vivir de forma desordeada e facendo dano aos seus semellantes. Sen embargo, un retrato vai reflectindo o seu envellecemento e os seus pecados.
Os seus contos son moi fermosos e conmovedores, dotados de profundos valores morais. Algúns dos máis coñecidos son:
O xigante egoísta, O ruiseñor e a rosa, O príncipe feliz, O mellor amigo, Un cohete moi especial e A pantasma de Canterville, que conta a historia dunha familia norteamericana, os Otis, que mercan o antigo castelo inglés dos Canterville, que inclúe unha pantasma que acaba convertido en xoguete e víctima dos nenos dos Otis.
Dentro das súas obras teatrais destacamos A importancia de chamarse Ernesto, unha comedia que xoga coa dualidade entre a palabra earnest, que significa serio en inglés e o nome de Ernesto. A obra estreouse en 1895 cun enorme éxito.
O horario deste día é:
HORA DE LER 16 DE OUTUBRO
HORA
|
CURSO
|
PROFESOR/A
|
1ª
h
|
4º
ESO A
|
|
2ª
h
|
1º
ESO A
|
SANDRA
(MATEMÁTICAS)
|
3ª
h
|
1º
ESO B
|
JOSÉ
CARLOS (RELIGIÓN) / UXÍA (VALORES)
|
4ª
h
|
2º
ESO A
|
EMILIA
( INGLÉS)
|
5ª
h
|
2º
ESO B/C
|
CATONIO
(XeH) SORAYA (ÁMBITO LINGSOC.)
|
6ª
h
|
3º
ESO A
|
ANXO
(MÚSICA)
|
7ª
h
|
4º
ESO B
|
NACHO
(TITORÍA)
|
8ª
h
|
3ª
ESO B/C
|
SONIA
(EPVA)
|


















