O escritor nicaragüense Sergio Ramírez gaña o premio Cervantes, o galardón máis importante das letras en lingua castelá.
Naceu en Masatepe, Masaya (Nicaragua) o 5 de agosto de 1942. Este escritor, periodista, político e avogado foi vicepresidente de Nicaragua durante os anos 1985-1990, durante o mandato de Daniel Ortega.
En 1959 comenzou a carreira de dereito na Universidade Nacional Autónoma de León e un ano despois fundou a revista experimental literaria "Ventana". En 1964 graduouse como doutor en dereito, recibindo a Medalla de Ouro como mellor estudante da súa promoción.
Sergio Ramírez iniciou a súa carreira literaria como escritor de contos: "El estudiante" (1960) e tres anos despois publica unha recopilación de "Cuentos". En 1970 aparece a súa primeira novela "Tiempo de fulgor".
Outras obras deste autor son:
"Un baile de máscaras" (1995)
"Cuentos completos" (1997)
"Margarita, está linda la mar" (1998)
Adiós muchachos" (1999)
"Sombras nada más" (2002)
"Mil y una muertes" (2004)
"Ya nadie llora por mí" (2017)