Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

4/6/17

NOVIDADES

Non te olvides de pasar pola biblioteca para ver as últimas adquisicións. Hai libros e películas moi interesantes, incluídas moitas das vosas peticións.




3/5/17

Exposición "Os mundos de Carlos Casares"

Os mundos de Carlos Casares é a exposición central organizada pola Fundación Carlos Casares no ano no que se lle dedica ao escritor o Día das Letras Galegas. Integrada por materiais audiovisuais, obxectos persoais, imaxes inéditas e documentos históricos, a mostra visitará varias cidades galegas durante todo o 2017, ofrecendo ademais actividades complementarias para dar a coñecer mellor a figura do autor.Pode verse en Ourense no centro cultural José Ángel valente.
Máis información na Fundación Carlos Casares


14/1/16

Boletín especial sobre Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2013, é o protagonista do número 374 do Boletín da Real Academia Galega. O volume, que vén de saír do prelo, pode consultarse en edición dixital nesta páxina web.
E agora "Doentes", unha das súas obras levadas ao cine.

7/1/16

Manuel María, protagonista do 2016

O Día das Letras Galegas 2016 estará adicado ao poeta Manuel María, autor tamén dunha intensa obra  teatral e ensaística, ademáis dun referente para a lingua e a cultura galega.
Para ir coñecendo un pouco sobre a súa traxectoria vital, recomendamos unha visita virtual á  Casa Museo Manuel María
Foto de Xurxo Lobato

E para comezar escollemos un dos seus poemas musicado por Roi Casal
  

15/5/13


O Día das Letras Galegas é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua.
Cada ano se celebran numerosos eventos culturais en torno á persoa homenaxeada.
Foi en 1963 cando a Real Academia Galega decidiu adicar o 17 de maio a tal efeméride por ser nesa data cando se cumpría o centenario da publicación de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro, por considerala "a primeira obra maestra da Literatura Galega Contemporánea".
Este ano a persoa elixida é o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia
 podedes atopar unha selección de recursos e de propostas de actividades para traballar en torno da figura de Bolaño.
Tamén vos presentamos a recompilación feita pola responsable da biblioteca do CEIP Victor Saenz, un exemplo do bo traballo nas BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS.




figura de Vidal Bolaño.