Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas

24/10/17

QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?

Dende o noso instituto queremos homenaxear o día da biblioteca cun vídeo feito polos alumnos onde explican o que é para eles a biblioteca. 






O alumnado e o profesorado do noso centro visionaron o vídeo no recreo do martes 24 de outubro, día da biblioteca. A verdade é que foi un éxito, aínda que algúns dos actores pasaron algo de vergoña ao verse na pantalla.








17/5/17

Galicia lembra a Carlos Casares no Día das Letras Galegas

Ademais dos actos centrais do Día das Letras, que se celebrarán en Xinzo de Limia arredor da sesión especial que alí levará a cabo a Real Academia Galega, a axenda de acontecementos espállase por toda Galicia, dando a medida da dimensión e o aprezo popular acadados pola figura de Carlos Casares. 
Información completa na Fundación Carlos Casares

21/10/16

24 de outubro Día da Biblioteca

Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del lIbro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos/as bilbiotecarios/as.
Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola.

E agora a nosa proposta de actividades para 
o recreo do luns na biblioteca!

Un paseo virtual polas bibliotecas do mundo

11/3/16

Súmate ao club de Rubik!

Descubrimos que o cubo de Rubik volta a estar de moda,e nunha cita informal transformamos a nosa biblioteca nun lugar de encontro de afeccionados a un dos xogos matemáticos máis populares do mundo.
Así, compartindo un espazo de aprendizaxe e convivencia, os recreos son diferentes!







2/3/15

En marzo...novidades gastronómicas!

As receitas tamén se len! 
E en  moitas obras da literatura universal aparecen parágrafos importantes adicados á gastronomía...
Ao longo da semana iremos descubrindo algunhas delas e adicaremos un especial a Cunqueiro e por suposto a "El Quijote".



.

6/2/15

Visita de Xurxo Mariño

O día 24 de febreiro, ás 13:00 horas, Xurxo Mariño estará con nós para describir dende unha perspectiva científica os momentos máis sorprendentes e interesantes da súa viaxe arredor do mundo levada a cabo durante o 2013 e o 2014.





Agardaremos impacientes a súa visita!!


Seguindo a moda dos bookface da nosa biblio...

 Aproveitaremos para que nos asine o seu libro; Neurociencia para Julia, que temos na Biblioteca!!





11/11/14

Ciencia na biblioteca

 

 Demostración do desxeo
 
 
Que será isto?
 
       
                                  




30/10/14

Hoxe é día de festa no Pazo!

    Magosto no Pazo!
E premios na biblioteca!
 Parabéns!



         Samaín con froita



     55 aniversario de Astérix e Obélix