Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia. Mostrar todas las entradas

11/2/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O que queremos coa celebración desta data é visualizar o labor das mulleres científicas e que sexan unha referencia para as nosas alumnas.
No mes da ciencia xa fixemos unha exposición na que destacábamos 3 mulleres científicas galegas pioneiras nas súas disciplinas:
Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional; Olimpia Valencia, a primeira muller médica galega e Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional.


26/1/19

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO

O martes 22 de xaneiro recibimos no noso instituto a visita de Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto en xenética. O científico impartiu unha conferencia moi interesante sobre xenética ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato que estaba entusiasmado escoitando as súas palabras. 
 





5/6/18

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O martes 5 de maio, para celebrar o Día do Medio Ambiente participamos nunha actividade ligada a esta data, un obradoiro explicativo sobre a posta en marcha dun composteiro impartido por un técnico especializado na materia. Este obradoiro completa a exposición sobre a compostase.
Ademais houbo un reparto de froita entre o alumnado.










27/5/18

COMPOSTAXE

No noso instituto estamos moi concienzados coa reciclaxe por iso fixemos unha exposición sobre a compostaxe. O alumnado aprendeu a importancia de reciclar os refugallos orgánicos para utilizalos como fertilizantes. Algúns alumnos e alumnas comentaron que xa coñecían o proceso porque teñen na súa casa un composteiro.
Nas seguintes fotos podedes ver os paneis explicativos que forman parte da exposición.










17/11/17

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Na biblioteca queremos celebrar o Mes da Ciencia cunha exposición de libros científicos e maquetas feitas polos alumnos de 1º de ESO.












22/11/16

Exposición sobre Ciencia na nosa biblioteca

Algúns fondos destacados da nosa biblioteca para novembro, o "Mes da Ciencia en galego".
Seguro que te van inspirar para escribir o teu relato sobre Ciencia...
Aínda estás a tempo!
Aquí están as bases do concurso


18/2/16

PESCUDANDO NA ORIXE DA MATERIA. O BOSÓN DE HIGGS DENDE O CERN

Mañá venres, 19 de febreiro, estará con nós Cibrán Santamarina Ríos, natural da Fonsagrada; físico e profesor da Universidade de Santiago de Compostela.





 Conta cun amplo currículo científico:



Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1995. Fixo o seu doutoramento no experimento Dirac do CERN na medición do tempo de vida pionium e defendeu a súa tese en abril do 2001.

Dende setembro do 2001 ata febreiro do 2004 traballou como "research associate" posdoutoral na Universidade de Basilea (Suiza), tamén en Dirac, que publicou no ano 2005 a primeira medida do tempo de vida do pionium.

En marzo do 2004 comezou a traballar como “research fellow” do CERN onde se concentrou na selección dos electróns e fotóns de alto momento transverso no experimento ATLAS. Posteriormente, en xuño do 2006, mudouse a Montreal contratado pola McGill University, tamén en ATLAS, traballando na selección de jets de alto momento transverso e na busca do bosón de Higgs.

En xaneiro do 2011 voltou á USC onde é profesor contratado doutor dende decembro dese ano. Na actualidade traballa no experimento LHCb do CERN e en entender a violación da simetría de Carga-Paridade na desintegracións de partículas que conteñen un quark b.



Agardamos impacientes a súa visita para comezar unha viaxe pola orixe da materia!!!

11/2/16

19 mulleres destacadas en ciencia e tecnoloxía

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, mais todos os días do ano son días de mulleres na ciencia!!

Para estar ao día visita o blog Mujeres con ciencia


8/2/16

O Doodle de hoxe vai para...

Dmtrij Mendelejew, este físico e químico ruso foi o creador da primeira versión da táboa periódica en 1869  cos 56 elementos coñecidos na época.

1/12/15

Do Miño a Galiciencia

Enlace a Galiciencia 2015, a maior feira científica de Galicia.

Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e celébrouse no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18,19 e 20 de novembro. A estrela da feira foi a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores. 

A continuación deixámosvos algunhas pegadas do noso traballo:

O Río Miño Dende o Ies Pazo da Mercé


O obxectivo do noso traballo foi avaliar o estado ecolóxico e ambiental do Río Miño entre as localidades de Arbo e Moçao. Para levalo a cabo medíronse distintos parámetros físico-químicos e biolóxicos. 

Podes velo nos seguintes enlaces; resumo e/ou presentación.


E velaquí tedes as instantáneas do noso paso por GALICIENCIA:
 




Ana e Miguel foron os encargados de presentar o proxecto levado a cabo polo alumnado de 1º de Bacharelato de F/Q no curso 2014/2015: Adrian Rocha, Ana, Ángel, Ángeles, Carlos Alonso, Daniel Duque, Iván Casas, Marcos, Sheila e Yazmina, xunto ca súa profesora Nuria López e Juan Santos Echeandía investigador do CSIC de Vigo.



Velaquí estamos na entrega de premios... 


E por suposto, os xornais inmortalizaron esta décima edición de GALICIENCIA.
A fotografía final pertence ao acto de clausura e de entrega de premios, a ver se nos atopades!!!






6/2/15

Visita de Xurxo Mariño

O día 24 de febreiro, ás 13:00 horas, Xurxo Mariño estará con nós para describir dende unha perspectiva científica os momentos máis sorprendentes e interesantes da súa viaxe arredor do mundo levada a cabo durante o 2013 e o 2014.





Agardaremos impacientes a súa visita!!


Seguindo a moda dos bookface da nosa biblio...

 Aproveitaremos para que nos asine o seu libro; Neurociencia para Julia, que temos na Biblioteca!!





30/11/14

Máis ciencia!

O alumnado do Ciclo de Informática tamén participou na semana da ciencia cunha visita a ETSI de minas onde puideron asistir a demonstracións sobre termografía, enerxías renovables, captura de imaxes en 3D e simulación de explosivos.
Aquí está a galería fotográfica da visita.


12/11/14

Que sabes sobre o Ébola?

Nestes días en que falamos de ciencia, queremos indagar neste  tema de actualidade, o Ébola. Ti sabes realmente que é o Ébola? Como se propaga? E que ten tratamento efectivo? É unha enfermidade mortal? Cales son os países máis afectados? De que maneira contribúe a ciencia a erradicar esta enfermidade?
 
Non deixes de ver este interesante video!





Ciencia nas aulas

Ciencia nas aulas de 1º de ESO



 

11/11/14

Ciencia na biblioteca

 

 Demostración do desxeo
 
 
Que será isto?