Mostrando entradas con la etiqueta Mulleres galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mulleres galegas. Mostrar todas las entradas

11/2/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O que queremos coa celebración desta data é visualizar o labor das mulleres científicas e que sexan unha referencia para as nosas alumnas.
No mes da ciencia xa fixemos unha exposición na que destacábamos 3 mulleres científicas galegas pioneiras nas súas disciplinas:
Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional; Olimpia Valencia, a primeira muller médica galega e Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional.


11/4/17

Celebrando o día de Rosalía

O 13 de marzo celebramos cun pouco de retraso o día de Rosalía no noso instituto. O equipo da biblioteca xunto co departamento de galego organizou un acto conmemorativo, e pasamos unha tarde moi divertida recordando a Rosalía. Proxectouse un vídeo sobre a súa vida, o alumnado de 2º de Bacharelato falaunos do feminismo na súa obra, o de 3º de ESO elaborou video-poemas, os do club de lectura recitáronnos Adiós ríos, adiós fontes e finalmente cantamos todos xuntos con Astarot.






29/1/15

195 aniversario do nacemento de Concepción Arenal

 Homenaxe a Concepción Arenal en Marín. Ler artigo completo .
 


Muller avanzada ao seu tempo, feminista, defensora dos dereitos dos traballadores e traballadoras, do igualitarismo e cunha dedicación moi importante ás condicións de reclusos e reclusas e das súas garantías legais, deixou unha importante produción teórica e xornalística. 

 

13/1/15

Concepción Arenal, outra muller esquecida na historia

Neste curso e por segundo ano consecutivo, participamos no Plan Proxecta "Donas de si". Será durante o segundo trimestre que traballaremos de novo a visibilidade de mulleres destacadas na historia aínda que en certos casos foron esquecidas ou relegadas a segundo plano. Ao longo do curso pasado recollemos información moi interesante que podedes ver no noso blogue UNESCO ou tamén na etiqueta "Donas de si".
Non nos esqueceremos das mulleres matemáticas pero por agora centrarémonos nas Mulleres Nobel da Paz e tamén na figura de Concepción Arenal. 

Estes son os enlaces de interese:



2/11/13

Mulleres galegas

Acaba de falecer unha galega pouco coñecida para o gran público, unha gran artista e empresaria moi importante para a historia cultural de Galicia, a viúva de Isaac Díaz Pardo.
 
 
Carme Arias de Castro Montero, Mimina, naceu o 15 de abril de 1921 na Coruña e finou o 1 de novembro de 2013 no Castro. É a terceira de catro irmás. A súa infancia transcurriu entre a Praza de María Pita e o Castro de Samoedo, onde pasaba os veráns no pazo de seu pai, don Alicio, un home profundamente conservador e católico que era moi amigo de Germán Díaz Baliño (violinista) que non tardou en decatarse do talento que tiña Mimina para a pintura. Grazas a el, a nena comeza as súas clases de debuxo e acuarela con Dolores Díaz Baliño (unha importante pintora do momento, irmá de Camilo Díaz Baliño). Xorde entón unha estreita relación de amizade entre a profesora e a alumna que levará a Mimina a tomar contacto coas novas xeracións da pintura galega e co sobriño de Dolores Díaz Baliño: Isaac Díaz Pardo, co que Mimina compartiría a súa vida despois da Guerra Civil.
O labor realizado por Mimina para levantar a Fábrica de Cerámica do Castro é esencial: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas; e foi ela quen montou o taller de decoración: distintivo básico da casa.
 
 
 
Para ler a noticia completa:
http://praza.com/opinion/1428/obituario-de-mimina/

Precisamente esta triste noticia prodúcese  dous días antes da homenaxe a Isaac Díaz Pardo, no Día da Ciencia en galego (4 de novembro). Para saber algo máis deste persoeiro recomendamos o seguinte video: