O alumnado do noso centro asistiu o 28 de novembro a proxección do filme "O que arde". Esta actividade foi promovida por Vicedirección e EDLG.
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades culturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades culturais. Mostrar todas las entradas
2/12/19
31/5/18
VISITA DE MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
O mércores 30 de maio recibimos a visita do escritor Manuel Lourenzo González. O alumnado de 2º de ESO asistiu a unha charla sobre os libros Flor de area e Irmán do vento. Estiveron encantados co autor e este asinou os seus libros.
4/6/17
O PRINCIPIÑO
27/4/17
VISITA DE LEDICIA COSTAS
Por fin chegou o día. Despois de ler os seus libros e elaborar carteis e
debuxos baseados nas súas portadas, Ledicia visitounos e pasamos un
rato estupendo. Aquí tedes un vídeos cos mellores momentos.
Aquí a Ledicia léndonos un anaquiño do seu libro
E aquí contándonos unha anécdota moi divertida
Aquí a Ledicia léndonos un anaquiño do seu libro
E aquí contándonos unha anécdota moi divertida
19/4/17
Esperando a visita de Ledicia Costas

Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014) e en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015. Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.
Fonte:Presentación da autora en Editorial Xerais
E para ir abrindo boca do que nos espera mañá na xuntanza coa autora, deixamos este video sobre unha das súas obras máis recoñecidas.
Non faltedes á cita e traede os vosos exemplares para que volos asine!
11/4/17
Celebrando o día de Rosalía
O 13 de marzo celebramos cun pouco de retraso o día de Rosalía no noso instituto. O equipo da biblioteca xunto co departamento de galego organizou un acto conmemorativo, e pasamos unha tarde moi divertida recordando a Rosalía. Proxectouse un vídeo sobre a súa vida, o alumnado de 2º de Bacharelato falaunos do feminismo na súa obra, o de 3º de ESO elaborou video-poemas, os do club de lectura recitáronnos Adiós ríos, adiós fontes e finalmente cantamos todos xuntos con Astarot.
6/2/17
Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"
O alumnado de 1º de ESO visita a exposición "O Principiño arredor do mundo" no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).
Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.
Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares, o autor que fixo a traducción desta obra ao galego e que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
16/12/16
Felices lecturas!
Unha vez máis, celebramos con grande éxito o mercado de libros de segunda man "Nadal de libros" , unha oportunidade de levar libros para toda a familia por un prezo simbólico.
Unha boa selección de libros e revistas do expurgo da nosa biblioteca e desta vez contamos tamén cunha chea de libros aportados polo alumnado.
Moitas grazas a todas/os por colaborar!
Felices lecturas!
9/12/16
2/12/16
Fin de semana no Culturgal en Pontevedra
En 2016 Culturgal Feira das Industrias Culturais celébrase dos días 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra chegando a súa novena edición. Nesta nova cita do sector cultural galego e nas portas dos dez anos da feira, o lema xirará ao redor da construción comunitaria da cultura do futuro.
O programa completo das actividades pode verse na páxina oficial do Culturgal 2016, unha oportunidade para desfrutar en familia de actividades culturais, libros, música,exposicións...e a un prezo incomparable!
Achegarse a Pontevedra nesta fin de semana pode ser unha boa opción!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























